InicioEconomíaA Policía Local de Tui denuncia a unha entidade bancaria polas colas...

A Policía Local de Tui denuncia a unha entidade bancaria polas colas que se forman no exterior

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Tui (Pontevedra) remitiu á Subdelegación do Goberno unha denuncia contra unha entidade bancaria ante as colas que de persoas se forman no exterior a consecuencia de que só abre ao público dous días á semana.

Diso informou o Concello nun comunicado remitido aos medios, no que detalla que hai varias semanas que os axentes observan estas colas na oficina situada na rúa Colón. A Policía Local censura que os clientes queden “expostos” no exterior desta entidade bancaria durante o tempo de espera e que non poidan “estar confinados nos seus fogares”.

A apertura a diario da oficina ou da outra sucursal que a mesma entidade ten no concello permitiría axilizar a atención ao público e, deste xeito, evitar as colas e esperas dos clientes no exterior”, sostén a Policía Local, que critica que as colas se poden prolongar “ata dúas horas”.

O Consistorio explica que os feitos foron postos en coñecemento da dirección da sucursal “sen que polo momento se apreciara ningún cambio no horario” da oficina nin tampouco a apertura da outra existente.

ÚLTIMAS

O Goberno vigués veta unha declaración institucional para pedir a fin das peaxes na AP-9

O goberno municipal de Vigo vetou este mércores unha proposta de declaración institucional, promovida...

Detidos mentres tentaban recuperar 80 quilos de coca nun colector en Vigo

Unha operación conxunta levada a cabo por axentes da Garda Civil e funcionarios de...

Luisa Sánchez asume o control do PP en Vigo para ser “alternativa” nas eleccións de 2027

A presidenta do PP de Vigo asumirá nos próximos días a portavocía do grupo...

Un axente en prácticas salva do afogamento a un vendedor de drogas que caeu no porto ao tentar fuxir

A Policía Nacional detivo nos últimos días a tres persoas en Vigo tras desarticular...