InicioEconomíaA Xunta propón alongar un mes a tempada alta no Parque Nacional...

A Xunta propón alongar un mes a tempada alta no Parque Nacional das Illas Atlánticas

Sería até o 15 de outubro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, mantiveron este luns unha reunión con representantes das navieiras encargadas do transporte regular de visitantes ás Illas Atlánticas, na que lles propuxeron alongar a tempada alta no conxunto do Parque Nacional ata o 15 de outubro, se as directrices do Goberno central así o permiten.

Durante o encontro, os representantes do Goberno galego trasladáronlles o compromiso da Xunta co sector para articular as medidas precisas que sexan viables e que axuden a paliar a “situación crítica” que vive o sector.

A tempada de acceso ao Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas está regulada no Plan Reitor de Uso e Xestión (PRUX) deste espazo protexido, no que se establece que a tempada alta coincide co período transcorrido desde o 15 de maio ata o 15 de setembro, ambos os incluídos, así como a Semana Santa.

Neste caso, a proposta consiste en estender un mes o prazo con respecto ao período fixado, o que permitiría unha “recuperación parcial” de ingresos e actividade para estas empresas do sector turístico.

O tema porase en comunicación do Goberno Central para os efectos de que, se o estima, se pronuncie de maneira favorable ou desfavorable, dado que se trata dun espazo natural que goza da categoría de Parque Nacional.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...