InicioEconomíaOs contratos parciais entran no ERTE en PSA

Os contratos parciais entran no ERTE en PSA

Ata agora só contemplaba incluír o persoal fixo a xornada completa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A dirección da fábrica do Grupo PSA en Vigo accedeu a englobar no expediente de regulación temporal de emprego ( ERTE) por causas organizativas e produtivas que negocia cos sindicatos tamén ao persoal indefinido con contratos a tempo parcial, informaron fontes da compañía. Ata o de agora só contemplaba incluír o persoal fixo a xornada completa.

O ERTE desenvolveríase en dúas fases: a primeira, desde que se renove a actividade ata o verán, na que habería un “escenario de integración dos equipos acelerado” que permitiría reducir o número de días de 55 inicialmente previstos a 37, e a segunda ata final de ano.

Mantense en todo caso o global de 90 días de ERTE “para ofrecer unha alternativa de conciliación” aos empregados con fillos en idade escolar durante o período de recuperación da actividade, detallan as fontes da compañía.

O nivel de cobertura sería do 80 % do salario dos días de suspensión máis a parte proporcional de pagas extras, e do 100 % do salario en vacacións.

A última oferta trasladada aos sindicatos inclúe un compromiso para o persoal eventual de remuneración mínima de 80 horas ao mes e o compromiso de volver ser contratados cando haxa actividade se se extingue o que teñen en vigor antes de 12 meses.

Nunha carta dirixida ao persoal, o director da planta de PSA Vigo, Ignacio Bueno, sinala que “ninguén podía imaxinar esta situación hai uns meses: tiñamos a expectativa de superar o noso récord de fabricación e estabamos en disposición de seguir avanzando cos lanzamentos industriais”.

“Con todo, agora vémonos en casa desde hai xa case un mes, sen poder fabricar vehículos”, lamenta Buenp, quen recoñece que a multinacional e en xeral toda a economía do país “non poderían vivir moito tempo nesta situación” de paralización, e convida o persoal para prepararse para a volta ao traballo, aínda sen unha data definida.

ÚLTIMAS

Vigo presenta o seu Entroido 2026 coa orquestra París de Noia e o desfile de comparsas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este luns a programación municipal para as...

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...