InicioEconomíaA Xunta constata que o Concello de Vigo modificou a ordenanza do...

A Xunta constata que o Concello de Vigo modificou a ordenanza do IBI cando “os xulgados non lle deron a razón”

Fíxoo para cobrar este imposto á sociedade concesionaria do Hospital Álvaro Cunqueiro, segundo o Goberno galego.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia constatou este venres que o Goberno de Vigo modificou a ordenanza do IBI para cobrar este imposto á sociedade concesionaria do Hospital Álvaro Cunqueiro, tras o intento errado de facerlle pagar antes, co argumento de que é un centro privado: “O alcalde de Vigo modifica a ordenanza cando os xulgados non lle dan a razón”.

Así o transmitiron fontes autonómicas tras facerse pública unha sentenza na que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) avala o pago dese imposto por parte da concesionaria, iso si, desde o exercicio 2019, cando a ordenanza foi modificada.

A ese respecto, o Goberno galego lembrou que os tribunais desestimaron o intento do Concello de cobrar o IBI nos exercicios de 2015 a 2018, xa que neses anos a ordenanza municipal establecía que os centros do Sergas de titularidade pública estaban exentos de pago.

Segundo a Xunta, “o que ocorreu” é que o consistorio olívico non puido percibir eses ingresos, a pesar da súa insistencia en tramitalos coma se o hospital fose unha entidade privada, porque os xulgados “acreditaron a plena titularidade pública do Sergas sobre o cento por cento do inmoble”.

Tras a modificación da ordenanza, o Concello dispuxo que só quedarían exentos do IBI os centros de saúde de Atención Primaria nos que tanto o titular como o suxeito pasivo (o que ten que pagar o imposto) sexa público. Por iso, o TSXG avala que a concesionaria debe pagar o IBI desde a entrada en vigor da nova normativa, o que supón o pago duns 970.000 euros anuais.

“Lamentamos que o resto de concellos, con independencia da cor política, asinen convenios de exención do IBI para os centros de saúde e hospitais, e en Vigo o Goberno local siga sen colaborar co hospital público da cidade”, afirmaron fontes da Xunta.

Finalmente, as mesmas fontes matizaron que a sentenza do TSXG responde a un recurso interposto pola concesionaria contra a modificación da ordenanza fiscal. A Xunta, pola súa banda, tamén recorreu esa modificación, e aínda está pendente de sentenza.

ÚLTIMAS

Así será o novo Balaídos: 86 millóns, unha Tribuna de 14.200 espectadores e obras ata 2029

O futuro de Balaídos comeza a tomar forma sobre o papel, cun proxecto que...

Vigo marchou dividido nas protestas do 25N

Miles de persoas saíron á rúa este mércores en Vigo para expresar a súa...

Belén Aguilera chega a Vigo antes das eleccións do 29N: “Como artista e como muller, dáme medo o que poida pasar, pero non vou...

Hai artistas para os que cada disco representa un cambio de pel, unha necesidade...

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...