InicioEconomíaO BNG celebra a sentenza polas peaxes de Rande: "Deixa co cu...

O BNG celebra a sentenza polas peaxes de Rande: “Deixa co cu ao aire a Xunta e Ministerio de Fomento”

O Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra condena a Audasa a devolver as peaxes "abusivas" cobradas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O deputado autonómico do BNG Luís Bará celebra o “avance” da sentenza do Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra que condena a Audasa, empresa concesionaria da AP-9, a devolver as peaxes “abusivas” cobradas durante as obras de ampliación da ponte de Rande.

Para o parlamentario nacionalista, o fallo que transcendeu este luns “deixa co cu ao aire a Xunta e Ministerio de Fomento”, que “coa súa complicidade non foron capaces de pararlle os pés a Audasa nas súas prácticas abusivas”.

Ademais, Bará lamenta que tivese que ser a Fiscalía e o Xulgado os que “plantasen cara” á concesionaria mentres o Goberno galego non iniciaba “ningunha iniciativa para frear” estes “abusos”. Tamén cualifica de “preocupante” que a Avogacía do Estado e Fomento “apoiasen os intereses” de Audasa durante o xuízo.

Así as cousas, o Bloque propón á Xunta habilitar unha oficina de asesoramento e información ás persoas afectadas polas retencións durante as obras “co fin de conseguir o máis rapidamente a devolución das cantidades cobradas de maneira indebida”.

Así mesmo, a formación insta o Executivo autonómico a demandar ao Goberno estatal “un protocolo para levantar as barreiras nas retencións para impedir que a concesionaria continúe coas súas prácticas abusivas”.

O xulgado condena a Audasa a devolver as peaxes “abusivas” cobradas aos usuarios durante as obras de Rande

ÚLTIMAS

Varios feridos, entre eles un xogador, tras ceder un muro das gradas no campo de fútbol do Gondomar

Un partido de fútbol cadete entre o Gondomar CF e o Val Miñor rematou...

A RAGBA incorpora a Carlos López Bernárdez como experto en artes

O historiador de arte Carlos López Bernárdez (Vigo, 1958) ingresou este sábado na Real...

Dous accidentes en poucas horas deixan varios feridos leves en Vigo

O 112 informou de que unha saída da vía en Vigo propiciou que o...

Enfrontan penas de ata 5 anos por un roubo a man armada nun banco de Vigo

Dous homes acusados dun roubo con intimidación, como supostos autores dun atraco perpetrado nunha...