InicioEconomíaUrbanismo dá luz verde ao plan parcial da Xunta para Navia, pero...

Urbanismo dá luz verde ao plan parcial da Xunta para Navia, pero o alcalde condiciona a aprobación definitiva a que se faga o IES

A Xunta prevé acometer, entre outras obras, a construción de 1.600 vivendas de promoción pública.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo deu este martes luz verde á modificación do plan parcial de Navia, solicitada pola Xunta para acometer, entre outras obras, a construción de 1.600 vivendas de promoción pública, pero o alcalde, Abel Caballero, advertiu de que o goberno municipal non dará a aprobación definitiva se o goberno galego non garante por escrito que a primeira actuación que execute será o Instituto de Ensino Secundario.

O rexedor confirmou que a modificación do plan parcial debe pasar agora por Xunta de Goberno e logo ser sometido a votación no Pleno. Así mesmo, explicou que enviou ao presidente da Xunta un “protocolo” para asegurar a construción do IES.

Segundo o alcalde, o goberno municipal non quere “atrasar os prazos”, e por iso levou a modificación do plan parcial á Xerencia de Urbanismo, pero insistiu en que non haberá aprobación definitiva ata que a Xunta non garanta ese compromiso. “Non queremos que Navia sexa un deserto educativo de ensino secundario”, afirmou.

Abel Caballero esixiu que a Xunta constrúa ese centro educativo nun prazo de dous anos desde a aprobación do plan parcial, e ese compromiso é unha “condición inescusable”. “É un abuso da Xunta, que quere que os alumnos de Navia vaian a un instituto a 8 quilómetros, e non o imos a tolerar”, proclamou.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...