InicioEconomíaO Goberno central celebra o acordo de refinanciamento de Barreras

O Goberno central celebra o acordo de refinanciamento de Barreras

Considera que CESCE (axencia de crédito adscrita á Secretaría de Estado de Comercio) "desempeñou un papel decisivo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo valorou este martes o acordo de refinanciamento e reestruturación do estaleiro vigués Hijos de J. Barreras, no que CESCE (axencia de crédito adscrita á Secretaría de Estado de Comercio) “desempeñou un papel decisivo”.

O Ministerio lembrou que veu “traballando durante os últimos meses na procura de solucións para lograr a viabilidade do estaleiro, así como para garantir a finalización do ‘Evrima’, o cruceiro inaugural da Ritz Carlton The Yacht Collection”.

A ese respecto, incidiu en que CESCE “desempeñou un papel decisivo e foi apoio para o armador, os accionistas e as entidades bancarias que participaron na negociación para a reestruturación”.

Segundo o Ministerio, á espera do que decida o xulgado Mercantil 3 de Vigo (que debe validar o plan presentado para evitar o concurso de acredores), este acordo “inicia o camiño dunha solución” que, ademais de pór fin á situación de preconcurso e posibilitar a continuación da actividade, pode “sentar as bases para lograr a viabilidade do estaleiro a medio prazo”.

Finalmente, trasladou que segue “traballando para garantir tanto o futuro industrial e laboral” de Hijos de J. Barreras, “como do conxunto do sector naval galego e a súa industria auxiliar”.

O maior estaleiro privado de España solicitou o preconcurso de acredores o pasado mes de outubro, aburado polos sobrecustos dos contratos en execución e cunha situación de desequilibrio patrimonial.

O acordo alcanzado ‘in extremis’ e presentado ao xulgado supón que o armador do ‘Evrima’, Cruise Yacht 1 Ltd (a naviera de Ritz Carlton), asume o sobrecusto do buque, de modo que se modifica o contrato, con apoio da banca liderada por CaixaBank e apoio do CESCE. Así mesmo, o estaleiro, xa controlado por Ritz Carlton, logrou o compromiso das auxiliares acredoras de esperar tres meses para normalizar a situación e pagar a débeda.

ÚLTIMAS

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...

A Xustiza de Vigo rexeita ampliar o permiso de paternidade a 22 semanas como o das nais

O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo desestimou a demanda interposta por un...

A Axencia Tributaria desarticula en Vigo e outras cidades unha ‘macrotrama’ que defraudou 300 millóns en IVE

A Axencia Tributaria desmantelou unha das maiores redes de defraudación de IVE no sector...

Falece Gonzalo Caballero Álvarez, irmán do alcalde de Vigo e pai do exlíder do PSdeG e

Gonzalo Caballero Álvarez, pai do exsecretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero Míguez e irmán...