InicioEconomíaLópez Veiga sobre as críticas que recibe: "O que digan certas personaxes...

López Veiga sobre as críticas que recibe: “O que digan certas personaxes dame igual”

Recibiu duras críticas de Asime, a Marea, BNG ou CIG que o acusan de especular cos terreos do Porto de Vigo para evitar a continuación da actividade naval en Vulcano.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga, rexeitou este venres as acusacións de quen o sinalan como responsable de pór dificultades ou tratar de frear o proxecto de construción e reparación naval que o grupo Vicalsa ten para as instalacións do estaleiro Vulcano (en proceso de liquidación).

Na rolda de prensa posterior á reunión do Consello de Administración do Porto, e a preguntas dos xornalistas, López Veiga insistiu en que non está “en contra de nada”, e limitouse a lembrar que a posición deste organismo, que recorreu o proceso de liquidación de Vulcano e solicitou informe ao Consello de Estado sobre a concesión, está avalada pola Avogacía do Estado.

A ese respecto, e tras reiterar que a petición do informe ao Consello de Estado cursouse polas canles legais, e “non pola vía máis longa”, informou de que o propio grupo Vicalsa comunicou ao Porto a súa intención de “esperar” por ese informe.

Se dito informe avala as teses do Porto, que sostén que a concesión non pode ser obxecto de liquidación porque quedou extinguida ao disolverse Vulcano, o grupo Vicalsa fará unha solicitude de concesión “de acordo co artigo 84” da Lei de Portos. “Ao final Vicalsa di que o Porto tiña razón, que é mellor esperar ao informe do Consello de Estado e logo remitirán a solicitude”, engadiu, e lembrou que esa concesión será sometida a un proceso de concorrencia, por se algunha outra empresa está interesada.

Sobre as críticas de Asime, que denunciou a “política activa” do Porto para pór “todas as dificultades do mundo” ao proxecto de Vicalsa, Enrique López Veiga aseverou que “o que digan certos personaxes” dálle “igual”. Na mesma liña, respondeu cun “fan ben” a quen, como Marea, BNG ou a CIG, pediron a súa dimisión, e lembroulles que “o Porto ten que aplicar a lei”.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...