InicioEconomíaDenuncian que a mutua nega o risco de embarazo ás traballadoras do...

Denuncian que a mutua nega o risco de embarazo ás traballadoras do 061 en Vigo e no Baixo Miño

CC.OO. sinala que no servizo traballan un cento de mulleres e que a o labor que realizan pode provocar complicacións no embarazo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Comisións Obreiras (CCOO) denuncia que a mutua FREMAP do Porriño nega o risco de embarazo ás traballadoras do transporte sanitario urxente do 061 en Vigo e no Baixo Miño. O sindicato explica que as mulleres representan ao redor dun cento dos case 300 integrantes do servizo, e lembra que o traballo nunha ambulancia de urxencia implica a exposición a numerosos riscos, o que pode provocar complicacións no embarazo.

O transporte sanitario urxente accede a zonas de catástrofes, accidentes ou incendios en lugares con materiais perigosos. Tamén transportan doentes que poden supor un risco infecto-contaxioso, como VIH ou hepatite, ou con doenzas psiquiátricas, en estado agresivo ou baixo efectos de diferentes substancias.

“As quendas do 061 son de vinte e catro horas, incluída a nocturnidade, e manipúlanse diferentes cargas, realízanse movementos repetitivos e moitas veces sobre terreos irregulares”, denuncia este sindicato nun comunicado. Así, pon como exemplo un accidente de tráfico con saída da vía, nunha zona de difícil acceso, no cal que haxa que realizar manobras para inmobilizar unha persoa e erguela —soportando o seu peso— para trasladala a unha padiola.

Comisións denuncia que, a pesar de saber todo isto, que ademais está recollido no servizo de prevención e valoración do posto de traballo que realiza a empresa, a mutua FREMAP negue con carácter xeral o risco de embarazo. “Peor aínda, a algunhas traballadoras foilles concedido, pero a outras non, producíndose unha clara discriminación”, conclúe.

ÚLTIMAS

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...