InicioEconomíaDenuncian que a mutua nega o risco de embarazo ás traballadoras do...

Denuncian que a mutua nega o risco de embarazo ás traballadoras do 061 en Vigo e no Baixo Miño

CC.OO. sinala que no servizo traballan un cento de mulleres e que a o labor que realizan pode provocar complicacións no embarazo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Comisións Obreiras (CCOO) denuncia que a mutua FREMAP do Porriño nega o risco de embarazo ás traballadoras do transporte sanitario urxente do 061 en Vigo e no Baixo Miño. O sindicato explica que as mulleres representan ao redor dun cento dos case 300 integrantes do servizo, e lembra que o traballo nunha ambulancia de urxencia implica a exposición a numerosos riscos, o que pode provocar complicacións no embarazo.

O transporte sanitario urxente accede a zonas de catástrofes, accidentes ou incendios en lugares con materiais perigosos. Tamén transportan doentes que poden supor un risco infecto-contaxioso, como VIH ou hepatite, ou con doenzas psiquiátricas, en estado agresivo ou baixo efectos de diferentes substancias.

As quendas do 061 son de vinte e catro horas, incluída a nocturnidade, e manipúlanse diferentes cargas, realízanse movementos repetitivos e moitas veces sobre terreos irregulares”, denuncia este sindicato nun comunicado. Así, pon como exemplo un accidente de tráfico con saída da vía, nunha zona de difícil acceso, no cal que haxa que realizar manobras para inmobilizar unha persoa e erguela —soportando o seu peso— para trasladala a unha padiola.

Comisións denuncia que, a pesar de saber todo isto, que ademais está recollido no servizo de prevención e valoración do posto de traballo que realiza a empresa, a mutua FREMAP negue con carácter xeral o risco de embarazo. “Peor aínda, a algunhas traballadoras foilles concedido, pero a outras non, producíndose unha clara discriminación”, conclúe.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...