InicioEconomíaVigo terá voos directos a Alacante e reforzará as conexións con Valencia...

Vigo terá voos directos a Alacante e reforzará as conexións con Valencia e Canarias

PUBLICADO O

- Advertisement -

A aerolínea Air Nostrum ampliará a súa oferta desde o aeroporto vigués de Peinador con voos a Alacante, As Palmas Forteventura e Lanzarote, e reforzará as conexións a Valencia e As Palmas, segundo avanzou en rolda de prensa este venres o alcalde, Abel Caballero.

O rexedor, quen precisou que estes novos voos terán “custo cero” para as arcas municipais, detallou que Air Nostrum unirá Vigo e Alacante entre o 29 de marzo e o 17 xullo, e do 6 de setembro ao 24 de outubro, cunha frecuencia de tres voos semanais.

Así mesmo, haberá voos a Las Palmas de Gran Canaria (onde xa voa Binter desde Vigo) que se operarán os sábados e os voos a Valencia reforzaranse, nese período de tempo, con conexións todos os días da semana, excepto os mércores.

Adicionalmente, nas seis semanas centrais do verán, haberá un voo a Lanzarote os xoves, a Fuerteventura os luns e os venres, e engadiranse voos a Alacante os mércores e sábados.

ÚLTIMAS

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...