InicioEconomíaA coruñesa Estrella Galicia quere conquistar Vigo cunha edición especial das súas...

A coruñesa Estrella Galicia quere conquistar Vigo cunha edición especial das súas botellas adicada ás Cíes

PUBLICADO O

- Advertisement -

A cervexeira coruñesa Estrella Galicia lanzou ao mercado unha edición especial de 20 millóns de botellas coas Illas Cíes como protagonistas, co obxectivo de “promocionar e pór en valor este paraíso natural de Galicia”. Unha estratexa de marketing que, ademais de promocionar Vigo, ten coma fin consolidar a súa posición no mercado do sur de Galicia fronte ao empurre doutras marcas coma Mahou ou a portuguesa  Super Bock.

Esta particular homenaxe da cervera galega foi presentado este xoves nun acto celebrado no Auditorio Mar de Vigo, coa presenza de responsables da corporación empresarial e do alcalde da cidade, Abel Caballero.

Abel Caballero coa botella de Estrella Galicia que patrocina as illas Cies © MiguelNuñez

As etiquetas desta edición especial (que poderán verse nas botellas de 20 e 33 cl. distribuídas por toda España) mostran un atardecer sobre o que se debuxa o perfil das Illas Cíes, cun texto que expresa o apoio para que o arquipélago sexa declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco, e anima a votar na web ciespatrimonio.vigo.org.

Esta botella ‘personalizada’ únese a unha serie de deseños que Estrella Galicia veu realizando con motivos alusivos a tradicionais, eventos e festas de gran arraigamento social e cultural na comunidade.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...