InicioEconomía(Vídeo) Así é a nova furgoneta que se consturiá en Vigo, a...

(Vídeo) Así é a nova furgoneta que se consturiá en Vigo, a alternativa a monovolúmenes como o Galaxy ou o Alambra

PSA Vigo inicia a produción en serie da furgoneta de Toyota, que chegará a 100 unidades diarias en xaneiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo iniciou este venres a produción en serie da furgoneta Proace City de Toyota, co aumento de cadencia, e coa previsión de alcanzar as cen unidades diarias a principios de xaneiro. Este vehículo será unha alternativa a volúmenes como o Seat Alambra ou Ford Galaxy.

Así o confirmaron fontes da empresa a Europa Press, e explicaron que técnicos da dirección de Calidade da multinacional xaponesa, xunto co equipo da fábrica viguesa, realizaron este venres a “verificación dos niveis de calidade“.

Unha vez constatado que “se cumpren” eses niveis de calidade requiridos por Toyota, aumentarase progresivamente a cadencia de produción deste vehículo, coa previsión de que se alcancen os cen unidades diarias á volta de vacacións de Nadal.

A estimación da marca é chegar a producir 35.000 unidades ao ano en Vigo, que se destinarán á venda en Europa. Así mesmo, a Proace City terá unha versión cento por cento eléctrica.

A factoría viguesa prevé alcanzar unha produción duns 550.000 vehículos en 2020, o que significará superar nunhas 3.000 unidades a cifra histórica que alcanzou en 2007 –547.000 unidades–. Segundo o director da planta, Ignacio Bo, este fito será posible grazas, en parte, á chegada á instalación galega da segunda xeración do Peugeot 2008, que tamén terá variante 100% eléctrica.

ÚLTIMAS

Caballero amosa o seu apoio aos centros escolares públicos: “As obras que non fai a Xunta facémolas nós”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este martes unha reunión con membros da...

A FIFA visitará en novembro e decembro as sedes do Mundial 2030

A FIFA efectuará unha serie de visitas a sedes do Mundial 2030 en España,...

Caballero, o primeiro rexedor en reclamarlle ao novo conselleiro de Medio Ambiente

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, aproveitou o nomeamento do novo conselleiro de Medio...

Investigan conexións dos bidóns de combustible achados en Carnota e en Vigo cunha narcolancha de Portugal

A Garda Civil abriu unha investigación a raíz do achado de garrafas de gasóleo...