InicioEconomíaTraballadoras dos xeriáticos DomusVi: "Unha residencia privada é o negocio do século"

Traballadoras dos xeriáticos DomusVi: “Unha residencia privada é o negocio do século”

As empregadas volven concentrarse para denunciar "explotación" laboral e reclamar dignidade para elas e os residentes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As traballadoras do grupo de centros residenciais e asistenciais para persoas maiores DomusVi concentráronse de novo diante da sede da compañía en Vigo para denunciar o “escravismo” que sofren debido a que a empresa “incumpre e vulnera” o convenio colectivo en vigor.

As empregadas lembran que os prezos que se pagan por persoa nestes centros “oscilan entre dos mil y pico y cuatro mil euros” , ao que hai que engadir servizos que “se cobran a parte”, como fisioterapia, aluguer de cadeiras de rodas, servizo de televisión, etc.

Protesta do persoal dos xeriatricos Domusvi / © Miguel Núñez.

A todo isto hai que engadir os gastos de servizos como perruquería ou cafetaría que se cobran a prezos de rúa, segundo estas traballadoras, que en base a todos estes gastos consideran que “una residencia privada es el negocio del siglo”.

Entre as súas demandas, esixen una lei de residencias públicas “con dignidad”, ademais de dignificar os seus dereitos como traballadores e garantir o benestar dos residentes.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...