InicioEconomíaO Tribunal Superior desestima o recurso do PP de Ponteareas contra os...

O Tribunal Superior desestima o recurso do PP de Ponteareas contra os orzamentos locais

O Partido Popular alegaba que non se respectaron os dereitos da oposición na súa tramitación e que se cometeran supostas irregularidades nas previsións de gastos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso contencioso-administrativo interposto por representantes do Partido Popular da localidade pontevedresa de Ponteareas contra os orzamentos locais de 2016, o que condenou o PP ao pago das costas.

Neste sentido, o Partido Popular solicitaba á xustiza a nulidade dos orzamentos alegando que non se respectaron os dereitos da oposición na súa tramitación e que se cometeran supostas irregularidades nas previsións de gastos.

Así, a resolución do TSXG rexeitou os argumentos do PP, xa que considerou que non se vulnerou o dereito de participación dos grupos da oposición ao dispor da información e considerou que no orzamento estaban “contempladas as medidas precisas para cumprir a regra de gasto”.

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas (BNG), manifestou a súa satisfacción pola decisión xudicial “que avala a forma de actuar do goberno municipal na elaboración dos orzamentos” e pon de manifesto, ao seu xuízo, “que o PP utiliza de forma abusiva e fraudulenta a xustiza con fins políticos”.

“DEMANDA INFUNDADA”

“O PP equivócase cando pretende conseguir nos xulgados o que non consegue nas urnas. E agora, afortunadamente, pagarán co seu diñeiro o gasto que lle ocasionaron ao Concello coa súa demanda infundada“, criticou Represas.

O alcalde considerou “lamentable” que os populares pretendesen xudicialmente “deixar Ponteareas sen orzamento” cando durante catro anos que estiveron no poder “foron incapaces de aprobar un só orzamento”, polo que lles animou a facer “política construtiva” en lugar de “tentar entorpecer a acción do goberno nos xulgados”.

ÚLTIMAS

Detidos mentres tentaban recuperar 80 quilos de coca nun colector en Vigo

Unha operación conxunta levada a cabo por axentes da Garda Civil e funcionarios de...

Luisa Sánchez asume o control do PP en Vigo para ser “alternativa” nas eleccións de 2027

A presidenta do PP de Vigo asumirá nos próximos días a portavocía do grupo...

Un axente en prácticas salva do afogamento a un vendedor de drogas que caeu no porto ao tentar fuxir

A Policía Nacional detivo nos últimos días a tres persoas en Vigo tras desarticular...

Hospitalizado un mozo de 17 anos tras ser agredido con arma branca no Entroido de Hío

Un mozo de 17 anos, veciño de Vigo, tivo que ser hospitalizado na noite...