InicioEconomíaOs armadores insisten en pedir medidas transitorias ante o 'brexit'

Os armadores insisten en pedir medidas transitorias ante o ‘brexit’

"Estamos abocados a unha situación moi complexa", lamentan os armadores, e reclaman "que impere a lóxica", que se implementen plans de continxencia e medidas para "salvar" a situación, "mentres se negocia outro acordo" pesqueiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os armadores de Vigo volveron a alertar este mércores das consecuencias dun ‘brexit’ “caótico” para este sector, nun escenario no que están en xogo os empregos de 1.700 tripulantes (duns 130 barcos) e outros 8.000 empregos en terra, e reclamaron de novo medidas transitorias “para salvar a situación” mentres non se negocia un novo acordo pesqueiro.

Así o trasladou, en declaracións aos medios, o responsable de Arvi, Javier Touza, antes de participar nunha xornada divulgativa sobre o ‘brexit’, que se celebrou na Cámara de Comercio de Vigo.

O representante dos armadores lembrou que a saída do Reino Unido da UE sen acordo afectará a uns 130 buques que faenan en augas de Gran Sol e nas Malvinas, e volveu a expresar a “enorme preocupación” do sector ante a “incerteza” actual.

Touza advertiu de que as alternativas postas sobre a mesa para estes barcos (trasladar a súa actividade a augas de Irlanda ou Francia) “poden xerar tensións” neses caladoiros, ademais dun “sobreesfuerzo” pesqueiro.

Por outra banda, ademais da “perda de competitividade” da frota, o presidente de Arvi alertou tamén sobre o impacto do ‘brexit’ en “toda a cadea mar-industria”, o que inclúe o sector de elaborados, frigoríficos, conservas, loxística e mesmo as industrias de construción naval e auxiliares.

“Estamos abocados a unha situación moi complexa”, lamentou, e reclamou “que impere a lóxica“, que se implementen plans de continxencia e medidas para “salvar” a situación, “mentres se negocia outro acordo” pesqueiro.

ÚLTIMAS

Evacuado en helicóptero un traballador tras resultar ferido cunha motoserra nas illas Cíes

Un traballador tivo que ser evacuado en helicóptero tras sufrir varios cortes cunha motoserra...

Fernando Franco: O último gran cronista da vida viguesa

Vigo quedou un pouco máis gris, un pouco menos elegante. Coa partida de Fernando...

Médicos de Atención Primaria éncerranse no centro de saúde Olimpia Valencia de Vigo para esixir negociación coa Xunta

Un grupo de médicos de Atención Primaria encerrouse este luns pola tarde nas instalacións...

Sindicatos denuncian que o Sergas quere modificar sen negociación as condicións do persoal de terapias do Chuvi

A Comisión de Centro da área sanitaria de Vigo denunciou este luns que a...