InicioEconomíaO comité de Povisa reclama unha reunión este luns: "Queremos unha explicación"

O comité de Povisa reclama unha reunión este luns: “Queremos unha explicación”

Desde o comité de empresa sinalan a súa preocupación porque "cada vez entren máis entidades privadas facerse cargo da sanidade".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité de empresa de Povisa reclamou unha reunión urxente este luns á dirección do hospital despois de que este fin de semana transcendese que o Grupo Nosa Terra 21, propietario do complexo, estaría a piques de pechar un acordo de venda con Ribera Salud.

“Queremos unha explicación”, sinalou a portavoz do comité de empresa, Chus Neira (CIG), quen ademais critica que os traballadores soubesen desta noticia “polos medios de comunicación” desta noticia da que, con todo, tiñan as “sospeitas” de que podía ocorrer.

A pesar de que as diferentes organizacións sindicais xa falaron e trasladaron a Povisa a solicitude de reunión, “de momento” non recibiron unha resposta. “Parécenos incrible que o comité non estea informado de nada”, sinalou Neira, quen tamén achacou o “segredo” das negociacións a que “non quererían problemas de ningún tipo”.

“MÁIS ENTIDADES PRIVADAS” EN SANIDADE

Neste contexto, a portavoz do comité de empresa manifestou as súas dúbidas con “que vai pasar despois” desa venda ou “cales van ser as condicións” do persoal. Entre estes asuntos que lle “preocupan” sitúa tamén o seu temor a que “cada vez entren máis entidades privadas facerse cargo da sanidade”.

Así mesmo, relatou que “hai dez días” os sindicatos mantiveron unha reunión co conselleiro delegado de Povisa na que lle preguntaron “se tiña pensado vender o hospital”. “Quedou serio, despois dixo que non contestaba rumoroloxías e terminou dicindo un ‘non’ que nos deixou bastante preocupados”, resumiu Neira.

Este domingo, despois de transcender que a venda a Ribera Salud –propiedade da empresa norteamericana de seguros Centene Corporation– podería estar case pechada, fontes de Povisa admitiron que levan a cabo estes diálogos “do mesmo xeito” que con outras entidades interesadas, polo que aínda “non hai acordo”.

ÚLTIMAS

Do voto dos emigrantes ao voto da diáspora: como mudou o sufraxio exterior en Galicia

Durante décadas, o voto exterior galego funcionou cun sistema no que a Administración enviaba...

“Ecomapa 2026” destapa máis de 800 “puntos negros” no arboredo urbano de Vigo e Baiona

Un total de 873 alcorques con deficiencias foron localizados en Vigo e Baiona durante...

A Nao Santa María chegará por primeira vez a Vigo e poderá visitarse durante dez días

A Nao Santa María visitará por primeira vez na súa historia o porto de...

PP ve o adianto electoral a “mellor para España” e BNG cre que é unha “oportunidade” de “apoio masivo”

O PP de Vigo cre que o adianto electoral anunciado por Pedro Sánchez este...