O hipermercado Alcampo de Coia, en Vigo, é o establecemento máis económico de España para facer a compra, segundo este informeda Organización de Consumidores e Usuarios (OCU).
Segundo este estudo Galicia e Murcia son as comunidades máis baratas para facer a compra, mentres que Baleares e Cataluña son as máis caras. Ademais, Vigo está entre as cidades máis barata á hora de comprar xunto con Almería, Ciudad Real, Jerez, Palencia, Zamora e Puertollano. Pola contra, Palma de Mallorca e Barcelona son as máis caras xunto a Lleida e Madrid.
Unha familia española pode aforrar unha media de 1.063 euros ao ano na cesta da compra dependendo do establecemento no que compre, o que supón case a quinta parte do gasto anual en alimentación dun fogar medio.
Dani, Tifer e Alcampo sitúanse como as cadeas máis alcanzables. Tres establecementos de Sánchez Romero en Madrid (Castelló, Maurrás e Alcobendas) son os máis caros de España, seguidos polas cadeas Suma, Ulabox e Sorli Discau.
