InicioSociedadeAbel Caballero insiste no seu modelo de área metropolitana: "Non pagamos aos...

Abel Caballero insiste no seu modelo de área metropolitana: “Non pagamos aos de fóra de Vigo”

Augura que a área metropolitana se retomará "cando Feijóo perda as eleccións" en 2020

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que “a área metropolitana se retomará cando se poida constituír sen pagar o transporte aos de fóra”, situación que, na súa opinión, terá lugar cando o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, “perda as eleccións (autonómicas)”, que terán lugar en 2020.

Durante unha rolda de prensa celebrada este martes en Vigo, o rexedor volveu a mostrarse contrario ao requirimento que contempla a normativa e que leva a necesaria adhesión ao Plan de Transporte Metropolitano, que ofrece descontos nos traxectos realizados dentro da área.

A ese respecto, Caballero lembrou que a cidade olívica non se sumou ao plan debido a que supuña que o Concello abonase traxectos realizados por persoas non domiciliadas na urbe. “Vigo non paga o transporte dos de fóra“, sentenciou. Neste sentido, acusou a “Feijóo” de “vetar” a área metropolitana ao incluír a adhesión ao plan de transporte como claúsula previa”.

SUSPENSIÓN

Nestes momentos, os tribunais manteñen suspendido o ente supramunicipal de forma cautelar tras a presentación por parte da Xunta dun contencioso.

Por outra banda, como resposta ás críticas do portavoz do Grupo Municipal Popular, Alfonso Marnotes, ao “atraso” no proxecto de alta velocidade que conectará á cidade con Madrid, o rexedor volveu a asegurar que debería iniciarse en 2015 e acusou unha vez máis á exministra de Fomento Ana Pastor de “metelo nun caixón”.

Ademais, puxo en valor que a redacción do estudo hidroxeolóxico do tramo que conecta Vigo e Ourense, que se acha en proceso, se sufrague con “fondos de Adif”.

ÚLTIMAS

Cazan ‘in fraganti’ tres ladróns cando tentaban asaltar unha vivenda no barrio vigués de Balaídos

A rápida intervención policial e a colaboración cidadá evitaron que se consumase un novo...

Unha conferencia revela como a arte do século XIX construíu a imaxe histórica de Vigo

O historiador da arte e membro do Instituto de Estudos Vigueses, José Luis Mateo,...

O Celta recibe o selo nacional de transparencia e divulgación non financeira de mans do Consello Xeral de Economistas e LaLiga

O Consello Xeral de Economistas de España (CGEE) e LaLiga distinguirán o vindeiro luns,...

Abel Caballero convoca o pleno extraordinario do caso Saltamontes o 19 de xuño pero elude a súa comparecencia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, convocou para o próximo 19 de xuño o...