InicioEconomíaAprobada en pleno a suba do 2,5 % en impostos e taxas...

Aprobada en pleno a suba do 2,5 % en impostos e taxas municipais para 2020 en Vigo

O concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, defendeu esta "actualización" de impostos municipais lembrando que "o que se inviste vese" nos "servizos públicos de calidade" cos que contan os vigueses.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O pleno do Concello de Vigo deu luz verde este mércores á modificación das ordenanzas fiscais que regulan os impostos e taxas municipais para 2020 e que, en xeral, subirán un 2,5 %, co voto a favor do grupo socialista, e o rexeitamento dos partidos da oposición.

Así, impostos como a recollida de lixos, o Imposto de Actividade Económica, a rodaxe (excepto para motos) ou o servizo de guindastre, entre outros, incrementaranse nun 2,5 %, mentres que o Imposto de Bens Inmobles subirá un 1 %. Por outra banda, manteranse sen cambios o imposto sobre plusvalías ou o de construcións e obras.

O concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, defendeu esta “actualización” de impostos municipais lembrando que “o que se inviste vese” nos “servizos públicos de calidade” cos que contan os vigueses.

EMENDAS REXEITADAS

Así mesmo, xustificou que o goberno rexeitase o centenar de emendas expostas polos partidos da oposición, porque “propoñen ciencia ficción”, e equiparou esas propostas con “a carta aos Reis Meigos”.

Aneiros volveu a insistir na boa situación das finanzas do Concello, con “débeda cero“, e con importantes investimentos “sen un aumento significativo da presión fiscal”.

Pola súa banda, os partidos da oposición criticaron que non se tiveron en conta as súas emendas. Así, mentres o portavoz ‘popular’, Alfonso Marnotes, falou de “impuestazo xeneralizado”, Rubén Pérez (Marea de Vigo) e Xabier Pérez (BNG) lamentaron que o goberno non aposte por unha fiscalidade máis xusta e progresiva.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...