InicioEconomíaPeinador, o único dos aeroportos galegos que perde pasaxeiros

Peinador, o único dos aeroportos galegos que perde pasaxeiros

Perdeu máis dun 14% de viaxeiros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O aeroporto de Vigo, Peinador, que pechou xullo con 100.611 pasaxeiros, un 14,2 % menos que no mesmo mes de 2018; cun descenso do 11 % nas operacións (1.158 voos) e cunha perda do 87,5 % nas mercadorías (43 toneladas). Foi nun mens na que os tres aeroportos galegos rexistraron no mes de xullo 532.754 pasaxeiros, en 5.144 operacións e nas que, agás no caso da terminal viguesa, aumentaron no resto.

Segundo os datos que deu a coñecer este luns AENA, o aeroporto de Lavacolla, en Santiago, rexistrou no mes de xullo algo máis de 302.000 pasaxeiros, dos que a maioría (217.552) viaxaron en voos nacionais.

As cifras de xullo no aeródromo da capital galega supoñen un aumento dun 13,7 % con respecto a xullo do ano 2018. Tamén aumentaron as operacións neste mes, alcanzando as 2.231, un 6,7 % máis que no mesmo mes do ano pasado; e as mercadorías experimentaron unha subida do 5,6 %, ata chegar ás 283 toneladas.

No caso do aeroporto coruñés de Alvedro, o número de pasaxeiros foi de 130.069, o maior tráfico da súa historia, e é un 11,1 % máis que en xullo de 2018. Os voos operados superaron os 1.750 (un 1,3 % máis) e as mercadorías rexistradas sumaron 12,5 toneladas (un 24,9 % menos).

TRÁFICOS ACUMULADOS DO ANO

No que respecta aos tráficos acumulados, o tres aeroportos galegos suman, no que vai de 2019, algo máis de 2 millóns de viaxeiros, e case 30.000 voos operados.

O número de pasaxeiros que pasaron por Lavacolla nos sete primeiros meses do ano supera os 1,6 millóns (un 5,6 % máis); tamén aumentaron os viaxeiros en Alvedro, acumulando un total de 777.213 pasaxeiros (un 10,7 % máis); mentres que Peinador suma 595.917 viaxeiros neste período (un 4,1 % menos).

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...