InicioEconomíaO Concello de Ponte Caldelas deberá aprobar un Plan Económico Financeiro tras...

O Concello de Ponte Caldelas deberá aprobar un Plan Económico Financeiro tras imcumplir a regra de gasto en 2018

O Concello de Ponte Caldelas (Pontevedra) deberá aprobar un Plan Económico Financeiro (PEF) no marco dun pleno extraordinario convocado para este mércores con esta finalidade debido ao incumprimento da regra de gasto en 2018.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Ponte Caldelas (Pontevedra) deberá aprobar un Plan Económico Financeiro (PEF) no marco dun pleno extraordinario convocado para este mércores con esta finalidade debido ao incumprimento da regra de gasto en 2018.

A liquidación do Orzamento Municipal de 2018 supuxo o incumprimento da regra de gasto en 666.000 euros.

En concreto, detallou que esta situación se debe á utilización de “remanentes” do ano anterior para a compra dos terreos do antigo balneario e lembrou que se destinou un crédito sen intereses da Deputación de Pontevedra a melloras no rural e nun campo de fútbol.

Ademais, sinalou que a aprobación do PEF non leva a adopción de ningunha medida extraordinaria debido á “boa saúde” financeira municipal, senón que obriga a cumprir coa regra de gasto nos anos 2019 e 2020.

A ese respecto, asegurou que se poderá dar cumprimento a esta obrigación coa execución orzamentaria, de acordo co Informe de Intervención.

Así, o alcalde, Andrés Díaz, criticou que os principios de estabilidade financeira impidan investir os remanentes acumulados doutros anos aos concellos e avanzou que, nos próximos dous anos, este municipio pontevedrés acumulará superávits.

ÚLTIMAS

Buscan en Nova Zelandia a un mariñeiro galego que viaxaba a bordo dun palangreiro con base en Vigo

Efectivos de procura tratan de localizar a un mariñeiro galego, un xefe de máquinas...

Trasladada ao hospital con queimaduras unha veciña de Vigo tras un incendio na súa vivenda

Unha veciña de Vigo foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro ao resultar ferida, con...

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...