InicioEconomíaMos terá a primeira nave de ultraconxelados en Galicia

Mos terá a primeira nave de ultraconxelados en Galicia

O Goberno galego acordou este xoves condecer unha axuda de máis de 5,3 millóns de euros á empresa Hermanos Fernández Ibáñez Consignatarios de Pesca.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Goberno galego acordou este xoves condecer unha axuda de máis de 5,3 millóns de euros á empresa Hermanos Fernández Ibáñez Consignatarios de Pesca, que porá en marcha en Mos a primeira planta de produtos do mar ultraconxelados en Galicia.

Así o anunciou presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen concretou que esta subvención dada pola Consellería do Mar suporá o 50 por cento do investimento total, que consta de máis de 10,7 millóns de euros.

Deste xeito, Feijóo celebrou que Mos vaia albergar esta iniciativa empresarial que contará con cámaras de frío que alcanzarán temperaturas de 50 graos baixo cero coas que se manterá o produto –atún do Océano Índico, concretamente– ultracongelado.

Esta, valorou o presidente da Xunta, será “a primeira nave deste tipo en Galicia e unha das primeiras en España”.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...