InicioCulturaNigrán acollerá a testemuña da morte dos antigos oficios pola produción en...

Nigrán acollerá a testemuña da morte dos antigos oficios pola produción en masa

O proxecto expositivo «Oficios entre lusco e fusco» se poderá visitar do 5 ao 23 de xuño no Auditorio Municipal de Nigrán.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Nigrán asinou esta mañá un convenio con ABANCA e Afundación grazas ao cal acollerá a mostra fotográfica «Oficios entre lusco e fusco». Esta colaboración é parte do proxecto Corrente Cultural, que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo.

Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística alén das súas sedes e trasladándoa ás localidades galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade.

O alcalde do Concello de Nigrán, Juan Antonio González Pérez; o director da oficina ABANCA da localidade, Amable Manuel Currás Vázquez; e a coordinadora adxunta da área de Cultura de Afundación, Paloma Vela Garicano, foron os encargados de ratificar, mediante rúbrica, a colaboración das entidades.

A exposición, que recolle o traballo fotográfico de Xosé Abad, é unha reflexión sobre a desaparición de múltiples oficios como o de fareiro ou o de pastor por mor da mecanización do traballo e a produción en masa. De entrada libre e gratuíta, poderase visitar do 5 ao 23 de xuño no Auditorio Municipal de Nigrán en horario de 12:00 a 14:00 h e de 18:00 a 21:00 h.

A MOSTRA E O ARTISTA

«Oficios entre lusco e fusco» conta a través da fotografía a historia de cada protagonista. Emprega a luz, a mirada, a roupa, o traballo e todos os elementos que reflicten o modo de vida nun momento de cambios e novidades tecnolóxicas diarias, de consumo rápido e fabricación urxente.

O traballo de Xosé Abad permite contemplar moitas profesións que, dentro de poucos anos, só permanecerán nos libros de historia. En definitiva, esta serie eríxese como un «derradeiro raio de luz antes de que o saber, a súa influencia e xeito de entender o mundo desapareza».

O autor emprega un esquema de iluminación acorde con ese intre do día que, ademais, nomea a propia mostra. Cuns claroscuros que recordan a obra de Caravaggio, Xosé Abad suxire espazos e ferramentas, define o lugar de traballo, documenta a presenza de universos onde se funden o privado e o laboral.

«Oficios entre lusco e fusco» é testemuño gráfico dos derradeiros tempos da coexistencia de dous xeitos de produción moi diferenciados. É, pois, a documentación da desaparición gradual do «traballo ben feito, a personalización do trato e a orixinalidade de cada peza».

Xosé Abad, nado en Figueres (1956), iniciou a súa andaina profesional como fotoxornalista en diversos medios de comunicación na década dos oitenta. A súa obra expúxose en diversas localidades galegas e en diferentes museos e institucións estatais e internacionais, recibindo diferentes premios polo seu traballo e traxectoria.

Así mesmo, o artista colaborou en proxectos de diferentes ONG galegas e latinoamericanas. Desde o seu estudo realiza traballos de fotografía industrial e publicitaria, moda ou retrato. Como fotógrafo foi galardoado no I Certame de Creación Fotográfica Luís Ksado ou co Premio Pardela de Comunicación á traxectoria profesional, entregado polo Club de Amigos da UNESCO. Na súa actividade cinematográfica dirixiu varios documentais premiados en diferentes certames, sendo os máis actuais Isaac, O segredo da Frouxeira e A pegada dos avós.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...