InicioEconomíaA Xunta adxudica as obras da estación de autobuses intermodal de Vigo,...

A Xunta adxudica as obras da estación de autobuses intermodal de Vigo, por 12,5 millóns de euros

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou as obras da nova estación de autobuses intermodal de Vigo, cun investimento de 12,5 millóns de euros e un prazo de execución total de 18 meses desde o seu inicio.

O contrato, adxudicado á UTE Comsa, S.A.U.- Ogmios Proxecto S.L., inclúe a nova estación de autobuses e a parte dos accesos, ademais de dous túneles que enlazan coa mesma. As actuacións enmárcanse no conxunto da intermodal planificada en Urzáiz, que está composta pola estación de ferrocarril, o centro comercial, a nova terminal de autobuses e os accesos ao complexo.

Segundo informou a Consellería, a tramitación do proxecto realizouse ao amparo da Lei 3/2016 para proxectos públicos de urxencia ou excepcional interese e que permiten licitar as obras da nova estación de autobuses e os accesos, así como o recente inicio da execución do Centro Vialia.

A Xunta, o Concello de Vigo e o Adif traballan de forma coordinada no desenvolvemento da estación intermodal, que debe sincronizar a execución da terminal de autobuses coa do Centro Vialia e os accesos, que financian conxuntamente o tres administracións. Ademais, a nova estación de autobuses intermodal conta con financiamento dos Fondos Feder Galicia 2014-2020.

A execución da estación de autobuses á beira do centro Vialia e da estación de tren permitiralles aos usuarios o cambio de transporte dunha forma máis rápida e cómoda, a través dunha zona habilitada especialmente, adaptada para as persoas con mobilidade reducida.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...