InicioEconomíaAbel Caballero evita a Feijóo e a plana maior do PP na...

Abel Caballero evita a Feijóo e a plana maior do PP na entrega das Medallas Anfaco-Cecopesca

O alcalde non acudiu á entrega dos premios á que estaba convidado. Fontes próximas aseguran que foi por "problemas de axenda", pero o seu nome figuraba na lista de autoridades convidadas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O seu nome estaba na lista de autoridaes que acudirían á entrega das Medallas da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas (Anfaco-Cecopesca). Pero non apareceu. O alcalde de Vigo, o socialista Abel Caballero, evitou así encontrarse co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo –co quen mantén de longo unha agria disputa política– e con parte da plana maior do PP.

O certo é que a marca PP dominou o acto, coa presenza de Ana María Pastor Julián (ex-ministra e presidenta saínte do Congreso dos Deputados; Miguel Ángel Santalices Vieira, presidente do Parlamento de Galicia; Rosa Quintana Carballo, conselleira do Mar; Jesús Vázquez Almuíña, conselleiro de Sanidade, e Pedro Sanz Alonso, vicepresidente primeiro do Senado. Só a presenza de Fernando González Laxe (ex-presidente da Xunta polo PSdeG e un dos recoñecidos este ano coas Medallas de Anfaco-Cecopesca) podía supor un ‘alivio’ para Caballero. Pero o alcalde, segundo puido saber este xornal por fontes próximas, esgrimiu “problemas de axenda” para non acudir ao acto.

A ‘morbosa’ foto de Caballero e Feijóo xuntos –ou cando menos preto o un do outro– non se deu. A última vez que coincidiron foi nun acto celebrado en febreiro pasado na delegación do Goberno galego na cidade olívica, para presentar as obras da nova estación de autobuses de Vigo, que estará integrada no complexo intermodal de Urzáiz (onde tamén se constrúe o novo centro Vialia, segundo o deseño de Thom Mayne). Aí, aparcaron as diferenzas que acostuman airear, no seu particular enfrontamento político.

Caballero evitou esta vez atoparse con Feijóo e foi o grande ausente do evento. A escusa é que tiña outros actos programados na súa axenda, pero o certo é que a súa presenza fora confirmada polos propios organizadores dos premios.

MEDALLAS

Anfaco-Cecopesca entregou a súa medalla de ouro ao Senado, galardón que recolleu o vicepresidente primeiro desta institución, Pedro Sanz.

As de prata recaeron na presidenta do Consello Económico e Social (CES) de Galicia, Corina Porro (ex-alcaldesa de Vigo polo PP), e no ex-presidente socialista da Xunta e catedrático de Economía Aplicada Fernando González Laxe.

A medalla de bronce foi para catro traballadores do sector en recoñecemento á súa dilatada traxectoria profesional, con máis de 45 anos de experiencia: María Luisa Lojo (Jealsa), Carmen Ferreiro (Calvo Conservas), Margarita Soñora (Conservas Friscos) e Julio Carril (Industrias Cerdeimar).

ÚLTIMAS

Xuízo con tribunal popular para o crime de Coia: o acusado enfróntase a case 22 anos de cárcere por asasinato

O xuízo polo chamado crime de Coia de 2024, que se celebrará con tribunal...

Cardama, avisa: “se Uruguai rompe o contrato das patrulleiras será malo para todo o naval vigués”

O empresario vigués José García Costas, accionista do estaleiro Cardama, advertiu este venres de...

A Xunta nega acoso escolar tras as denuncia no colexio concertado Monterrey: “técnicamente non é”

A familia dunha nena de 5 anos denunciou a falta de actuación do colexio concertado...

Sancionan cinco alumnos do colexio Monterrey en Vigo tras a denuncia da familia dunha nena por suposto acoso

O colexio Monterrey de Vigo abriu cinco "procedementos correctores con sancións" no marco da...