InicioVigo e contornaVigoPeinador "non vai tan mal" di Abel Caballero que reclama as mesmas...

Peinador “non vai tan mal” di Abel Caballero que reclama as mesmas axudas que recibe Santiago

Nun audio enviado aos medios de comunicación, o rexedor vigués subliñou que no seis primeiros meses deste ano o aeroporto olívico contabilizou uns 544.000 viaxeiros, por encima dos preto de 522.000 pasaxeiros do mesmo período de 2025

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este xoves que Peinador “non vai tan mal” e pediu a Turespaña que conceda a Vigo as mesmas axudas para voos internacionais que recibe Santiago de Compostela.

Nun audio enviado aos medios de comunicación, o rexedor subliñou que no seis primeiros meses deste ano o aeroporto olívico contabilizou uns 544.000 viaxeiros, por encima dos preto de 522.000 pasaxeiros do mesmo período de 2025.

Ademais, só suprimiuse unha liña, que era o voo a Londres que operaba Ryanair, porque a aerolínea “incumpriu o contrato” co goberno local.

“Por tanto, o aeroporto non vai tan mal, segue tendo viaxeiros, tránsitos”, reivindicou. “Parece que este ano houbo unha desfeita no aeroporto de Vigo e non é certo. Soamente caeu unha liña, a de Londres”, insistiu.

Respecto diso, Caballero tamén aproveitou para pedir a Turespaña que conceda a Vigo as mesmas axudas que destina para publicitar o voo entre Santiago e Nova York.

Tras recoñecer que na cidade aínda non dispón unha ruta internacional, “cando existan”, referíndose a Londres ou a París, espera que Turespaña destine o mesmo diñeiro a promocionalas como fai en Compstela, dixo.

PP DE VIGO

Estas declaracións de Caballero non tardaron en ter resposta do PP de Vigo. Nun audio enviado aos medios de comunicación, a súa presidenta, Luisa Sánchez, lamentou que o alcalde se “conforme” con estas cifras, alertando de que a partir do mes de setembro só operarán catro rutas desde Peinador.

Así, convidouno a deixar ao carón a súa política aeroportuaria “fracasada”, tras investir 10 millóns de euros, e a abandonar a confrontación coa Xunta e coa Deputación para aceptar o pacto entre todas as administracións proposto polo ente provincial para “recuperar” o aeroporto.

“A Deputación cre niso. A Xunta cre niso. Hoxe soubemos que Turespaña cre niso. Aena xa contestou positivamente. Se o alcalde non cre na súa propia cidade e no aeroporto, temos un problema”, reivindicou Sánchez.

Ela criticou que o alcalde considere unha “necedad” investir diñeiro público en promoción en destino da cidade, pero logo pida a Turespaña que conceda axudas para realizar esa publicidade.

“Todas as administracións están a ofrecerlle colaboración para mellorar a conectividade aeroportuaria. Pero o alcalde está enredado no seu propio ego e non permite avanzar”, sentenciou Sánchez.

ÚLTIMAS

Concello e BNG coinciden en que a Xunta “abandona” a Vigo nos orzamentos de 2027

O goberno local e o BNG de Vigo criticaron o "abandono" da cidade por...

Vigo reservará fondos en 2027 para impulsar voos a Londres, París, Alacante e Sevilla

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou que os orzamentos municipais de 2027 incluirán...

Unha falsa alarma por gas obriga a desaloxar o IES de Valladares, en Vigo

Unha falsa alarma por unha posible fuga de gas obrigou este mediodía a desaloxar...

Novo atentado homófobo en Vigo: persiguen ao berro de”maricón” a un home en Vigo

A Policía Nacional identificou o pasado venres varios mozos despois de que, supostamente, perseguisen...