InicioEconomíaVigo mobiliza 110 millóns para levantar a única fábrica de chips fotónicos...

Vigo mobiliza 110 millóns para levantar a única fábrica de chips fotónicos de España

O proxecto Sparc suma unha nova axuda de 6,25 millóns de euros, desbloqueará outros 56,8 millóns de financiamento e prevé crear 90 empregos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O proxecto Sparc e a fábrica de semiconductores fotónicos que se está a construír no Parque Tecnolóxico de Valladares, en Vigo, mobilizarán 110 millóns de euros de investimento entre capital, subvencións e préstamos. Segundo informou a Zona Franca de Vigo, a iniciativa dotará a cidade da única fábrica de chips fotónicos de España e dunha das tres existentes en Europa. O proxecto acaba de conseguir unha nova axuda de 6,25 millóns de euros, enmarcada nos fondos europeos de Incentivos Rexionais.

A NOVA AXUDA DESBLOQUEARÁ OUTROS 56,8 MILLÓNS

A Zona Franca destacou que esta achega permitirá desbloquear outros 56,8 millóns de euros de financiamento. Trátase, ademais, do único proxecto galego que recibe estes fondos. Segundo o organismo, a fábrica permitirá manter os postos de traballo actuais e crear outros 90 empregos.

31 MILLÓNS DE INVESTIMENTO PÚBLICO DIRECTO

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; o alcalde de Vigo, Abel Caballero; e o delegado do Estado na Zona Franca, David Regades, visitaron este xoves as oficinas de Sparc na cidade. Durante a visita foron recibidos polo director tecnolóxico do proxecto, Francisco Soares. Os responsables explicaron que o investimento público directo ascende xa a 31 millóns de euros, entre achegas de capital e subvencións. Deles, 17,2 millóns proceden directamente do Goberno de España a través da Sociedad Española para la Transformación Tecnológica (SETT). A esta contía súmanse case 12 millóns de euros en subvencións e outros 3 millóns de Vigo Activo, a sociedade de capital risco da Zona Franca.

INDRA ACHEGA 20 MILLÓNS DE CAPITAL PRIVADO

O resto do investimento mobilizado ata alcanzar os 110 millóns de euros complétase con financiamento e capital privado. Indra achega 20 millóns de euros, mentres que o resto dos investidores suman arredor doutro millón. O proxecto pretende converter Vigo nun dos principais polos europeos da industria fotónica, cunha fábrica destinada á produción de chips capaces de procesar información mediante luz en lugar de sinais eléctricos.

ÚLTIMAS

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...