InicioVigo e contornaO PorriñoDesconvocan a folga do lixo no Porriño tras un preacordo entre persoal...

Desconvocan a folga do lixo no Porriño tras un preacordo entre persoal e empresa

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, celebrou este preacordo e lembrou que o Concello accedeu a mediar entre as partes, para evitar "o grave prexuízo" que suporía unha folga de cinco días para a salubridade nas rúas

PUBLICADO O

- Advertisement -

O persoal e a empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo do Porriño, Servizo dous Concellos Galegos (SCG) alcanzaron un preacordo, que permitiu desconvocar a folga prevista para esta semana.

Así, os traballadores (representados pola CIG) iniciaron mobilizacións para reclamar un convenio “digno” que fose incorporado aos pregos do concurso para a nova concesión, e convocaran folga do 9 ao 12 de xullo.

Finalmente, tras varias reunións e coa mediación do Concello, as partes alcanzaron un preacordo, que recolle, entre outras melloras, unha subida salarial do 2,9% entre xaneiro e abril de 2026 para todas as categorías, e de maio a decembro unha subida do 3% para peóns e do 3,5% para oficial condutor, mecánico e persoal administrativo.

O convenio (que terá unha vixencia de catro anos, entre 2026 e 2029) contempla tamén un incremento salarial do 3,5% en 2027 para peóns e do 4,5% para o resto de persoal; en 2028 a subida será do 5% para todo o persoal; e en 2029 do 7%, tamén para todas as categorías.

Igualmente, inclúese unha cláusula de garantía salarial, de maneira que se a suma do IPC real dos anos de vixencia do convenio é superior á subida dos soldos, a diferenza abonarase mediante a actuación de táboas en xaneiro de 2030, quedando consolidada nas táboas dese ano.

En canto á redución de xornada, o primeiro ano fíxase unha xornada de 40 horas, que pasará a 39 horas no segundo ano de vixencia, a 38 horas en 2028 a 37,5 horas en 2029.

Pola súa banda, o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, celebrou este preacordo e lembrou que o Concello accedeu a mediar entre as partes, para evitar “o grave prexuízo” que suporía unha folga de cinco días para a salubridade nas rúas.

“É unha boa noticia para a cidadanía do Porriño e tamén para os traballadores”, sinalou o rexedor, que se mostrou “satisfeito” pola desconvocatoria da folga e pola mellora das condicións dos traballadores.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...