InicioEconomíaCasco Vello de Vigo aproba o seu plan ata 2030, con 25...

Casco Vello de Vigo aproba o seu plan ata 2030, con 25 inmobles de actuación prioritaria e un investimento de 15 millóns

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consorcio Casco Vello de Vigo aprobou este xoves o seu plan de actuación 2026-2030, con 25 inmobles de actuación prioritaria e un investimento de 15 millóns de euros. Tal como recolle a Xunta nun comunicado, a delegada territorial do Goberno galego na cidade e presidenta do Consorcio, Ana Ortiz, valorou o acordo do consello de administración extraordinario desta mañá, onde tamén se aprobaron o convenio entre administracións e o Plan de Actuacións, Investimentos e Financiamento 2026.

“Hoxe estamos de parabén porque o traballo feito durante os últimos 20 anos para a recuperación do barrio histórico vai ter continuidade, porque o noso compromiso é firme e imos seguir esta liña para que o Casco Vello teña unha rehabilitación integral no menor tempo posible”, subliñou Ortiz.

Segundo dixo, o plan de actuación ata 2030 marca as pautas de rehabilitación que levará a cabo o organismo durante o próximo lustro. Así, un total de 25 inmobles foron cualificados como obxectivo de actuación prioritaria e outros 20 están na lista de secundarios para dotar ao plan de flexibilidade.

ÚLTIMAS

Vigo aproba un orzamento récord de máis de 365 millóns e conxela taxas e impostos

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este martes "o orzamento máis elevado...

A rebaixa fiscal da Xunta. Dos 96 millóns anunciados aos 5 euros efectivos por fogar. Canto aforrará realmente unha familia galega?

A baixada do IRPF anunciada esta semana pola Xunta en plena precampaña electoral terá...

Stellantis parará dous días a produción do Peugeot 2008 en Vigo por falta de pezas

A fábrica de Vigo do grupo automobilístico Stellantis volverá deter a produción a finais...

O PP de Vigo reivindica a aposta da Xunta pola recuperación da ETEA, con 11,7 millóns nas contas de 2027

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, reivindicou este martes a aposta da...