InicioEconomíaRyanair cancelará todos os voos a Vigo para non pagar taxas

Ryanair cancelará todos os voos a Vigo para non pagar taxas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Ryanair pechará a súa base de Santiago e cancelará todos os voos a Vigo e Tenerife Norte, á vez que manterá pechadas as bases de Valladolid e Xerez e reducirá a súa capacidade en Asturias, Santander, Zaragoza e Canarias este inverno.

A aerolínea adoptou estas decisións no marco do seu plan para reducir a súa capacidade nun 41% nas rexións españolas e nun 10% nas Illas Canarias este inverno, o que suporá a perda dun millón de prazas no inverno (dous millóns anuais) “debido ás taxas aeroportuarias excesivas e pouco competitivas que aplica o operador aeroportuario monopolístico Aena”.

O conselleiro delegado de Ryanair, Eddie Wilson, asegurou durante a rolda de prensa de presentación da tempada de inverno na que anunciou que os recortes que estas reducións prexudicarán aínda máis aos aeroportos vulnerables e conducirán a “unha perda de investimento, conectividade, turismo e emprego na España rexional xa que moitas rutas serán económica inviables”.

En concreto, a aerolínea reducirá a súa capacidade nos aeroportos rexionais nun 41% (-600.000 prazas) e nas Illas Canarias nun 10% (-400.000 prazas). Ryanair pechará a súa base de dous avións en Santiago. Suspenderá todos os voos a Vigo a partir de xaneiro de 2026 e Tenerife Norte a partir do inicio do inverno de 2025. Ademais os aeroportos de Valladolid e Xerez permanecerán pechados durante o inverno de 2025.

ÚLTIMAS

Un motorista morre nun accidente na Avenida do Aeroporto de Vigo

Un motorista faleceu na noite deste mércores en Vigo despois de sufrir un accidente...

Unha avaría eléctrica deixa sen luz uns 3.500 usuarios en Vigo

Unha avaría nunha liña eléctrica subterránea de media tensión provocou este xoves cortes na...

Aprazan o Celta-Osasuna ao 27 de agosto e levanta rebumbio

O RC Celta de Vigo informou do adiamento do seu partido ante o CA...

Falece un motorista nunha rotonda da Avenida do Aeroporto en Vigo

Un motorista perdeu a vida na noite deste pasado mércores en Vigo tras sufrir...