InicioEconomíaPortugal di que o AVE Vigo-Porto é tan prioritario como o de...

Portugal di que o AVE Vigo-Porto é tan prioritario como o de Madrid-Lisboa

PUBLICADO O

- Advertisement -

O embaixador de Portugal en España, José Augusto Duarte, na súa primeira visita a Galicia, este luns, recalcou que a conexión en tren de alta velocidade entre Vigo e O Porto é “prioridade” para o país veciño, e sostivo que a data de finalización do proxecto segue sendo entre 2030-2032.

“En Portugal, queremos as comunicacións, necesitamos as dúas –Madrid-Lisboa e O Porto-Vigo--. Pero, en termos de prioridade temporal, é Lisboa-O Porto e O Porto-Vigo”, asegurou o diplomático, tras reunirse con representantes da patronal galega en Santiago. Nesta liña, Duarte engadiu que priorizar O Porto-Vigo ten “lóxica”, ao tempo en que matizou que en Portugal non teñen “nada en contra de Madrid”.

Con todo, o embaixador complementou que no norte de Portugal é onde está a maior parte da poboación do país, e por ese motivo dáse prioridade á conexión con Galicia. “Non podemos comezar unha conexión a Madrid sen empezar a comunicación ao Porto, onde temos a maior poboación. E despois, a comunicación en Vigo é onde temos a maior conexión entre Portugal e España”, explicou.

“NINGUÉN SE COMPARA CON GALICIA”

O embaixador lembrou que Portugal ten unha “enorme conexión con España”, e destacou que o país “é o principal investidor externo de Portugal”, con todo, engadiu o diplomático que “dentro de España, ninguén se compara con Galicia” en cuestión de proximidade e lazos. “É normal porque Galicia é unha rexión dinámica, chea de empresariado e de iniciativa privada, pero tamén de habitantes no norte de Portugal. A zona norte, conxuntamente co Miño, é a máis habitada, xunto co Porto, Braga e Aveiro”, explicou o embaixador.

ÚLTIMAS

O Heraldo do Desconcerto: A Pinta en Baiona

O horizonte de Baiona, aquel 1 de marzo de 1493, non agardaba milagres. O...

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...