InicioEconomíaConvocatoria de oposición para a Autoridade Portuaria de Vigo

Convocatoria de oposición para a Autoridade Portuaria de Vigo

Así, a Autoridade Portuaria de Vigo, ao amparo do establecido no Real decreto 656/2024, de 2 de xullo, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2024, realiza convocatoria para cubrir unha praza de responsable de dominio público.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle na súa publicación deste mércores a convocatoria de prazas de persoal laboral fixo correspondente á oferta de emprego público para 2024 para a Autoridade Portuaria de Vigo.

Así, a Autoridade Portuaria de Vigo, ao amparo do establecido no Real decreto 656/2024, de 2 de xullo, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2024, realiza convocatoria para cubrir unha praza de responsable de dominio público.

As bases das convocatorias e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web da Autoridade Portuaria de Vigo www.apvigo.es, na páxina web do organismo público Portos do Estado www.puertos.es e na páxina www.administracion.gob.es

Os aspirantes disporán dun prazo de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG) para a presentación de solicitudes.

ÚLTIMAS

Detido en Vigo un home por dous ataques consecutivos á Policía Local nun só día

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un cidadán estranxeiro, A.M., de 30...

Detido en Vigo con haxix, cocaína e máis de 1.300 euros en efectivo

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...

Vigo declara deserta a licitación do mercadillo de Nadal

O Concello de Vigo declarou "deserta" a licitación para a instalación do mercadillo do...

Concello e UVigo asinan un convenio para traballar na candidatura das Cíes a Xeoparque da Unesco

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa, asinaron...