InicioVigo e contornaRedondelaO goberno de Redondela levará a pleno este xoves oorzamento e pide...

O goberno de Redondela levará a pleno este xoves oorzamento e pide á oposición que sexa “responsable”

Entre outras partidas, os servizos básicos son unha das áreas que máis aumenta respecto ao ano anterior, con case 10,5 millóns de euros

PUBLICADO O

- Advertisement -

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, anunciou que o goberno local levará ao próximo pleno ordinario do Concello, que se celebrará este xoves, o proxecto de orzamentos municipais, pedindo á oposición que sexa “responsable”.

Nun audio enviado aos medios de comunicación, Rivas destacou que se trata do orzamento “máis alto da historia” de Redondela, cuns 22,6 millóns de euros, 2,5 millóns máis que o anterior.

Para ela, trátase dun documento “esencial” para seguir prestando servizos aos veciños e mellorar a súa calidade de vida, subliñado a situación “saneada” do Concello e a “estabilidade orzamentaria” da que goza.

Tras mostrar o seu orgullo por levar a pleno estes orzamentos, esperou da oposición que sexa “responsable” e pense “nos veciños de Redondela e non en intereses políticos”.

Entre outras partidas, os servizos básicos son unha das áreas que máis aumenta respecto ao ano anterior, con case 10,5 millóns de euros, mentres que as políticas sociais levan preto de 3 millóns, incrementándose as axudas no fogar en 300.000 euros, ata preto de 1,5 millóns “para dar resposta ás necesidades das persoas”.

Cabe lembrar que Digna Rivas mantivo a Alcaldía en 2023 grazas aos votos dos concelleiros socialistas (7), nacionalistas (3) e da Agrupación de Electores de Redondela (1), mentres que o PP foi a forza máis votada nas eleccións municipais e quedou a un edil da maioría absoluta (10).

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...