InicioSociedadeAfectados por motores PureTech de Stellantis marchan sábado por Zaragoza tras presentarse...

Afectados por motores PureTech de Stellantis marchan sábado por Zaragoza tras presentarse en Vigo as primeiras demandas

Segundo explican desde Afestel, estes motores do Grupo PSA (agora Stellantis) levan a correa de distribución bañada en aceite e esta vaise desfacendo rapidamente, o que libera partículas que se desprazan polo motor, provocando avarías cuxa reparación rolda en moitos casos os 7.000 euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación de Afectados de Stellantis (Afestel) polos motores PureTech convocaron unha manifestación este sábado por Zaragora para protestar pola situación que viven ante os problemas rexistrados na correa de distribución dos seus vehículos. Así, os representantes das vítimas anunciaron que xa se presentaron as primeiras demandas contra a compañía por este caso ante os xulgados de Vigo, onde a empresa ten a súa sede central en España.

Deste xeito, iníciase un proceso xudicial con máis de 100 demandas de conciliación, “que debería levar á multinacional francesa a indemnizar a esas vítimas cun importe total de 1,15 millóns de euros”, segundo reivindica Afestel. Ante esta situación, a Asociación, que agrupa a máis de 6.000 usuarios afectados, chamou a manifestarse este sábado, a partir das 10.30 horas, desde a fábrica de Stellantis en Figueruelas. Segundo explican desde Afestel, estes motores do Grupo PSA (agora Stellantis) levan a correa de distribución bañada en aceite e esta vaise desfacendo rapidamente, o que libera partículas que se desprazan polo motor, provocando avarías cuxa reparación rolda en moitos casos os 7.000 euros.

Esta cuestión motivou a alerta A12/01505/20 da Comisión Europea, na que se advertía de que “a bomba sen carga destes vehículos pode danarse debido ao material procedente da abrasión da correa dentada. Como resultado, a asistencia de freado podería reducirse ou perderse, aumentando o risco de accidente”. Ante isto, Afestel lamenta que só obtivo de Stellantis o silencio por resposta, algo que non desanima aos seus impulsores, dispostos a promover unha reclamación contra o grupo PSA – Stellantis “por vender milleiros de vehículos con defecto de fábrica, aínda coñecendo o mesmo”. Por iso chaman aos afectados a contactar e unirse enviando un correo electrónico a: ‘afectadoscorreapsa@gmail.com’.

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...