InicioEconomíaOs sindicatos demandan responsabilidades o Día Mundial da Seguridade e a Saúde...

Os sindicatos demandan responsabilidades o Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo polo aumento da siniestralidade

Na provincia de Pontevedra, a siniestralidade laboral ascendeu un 18, 83% entre 2016 e 2017.

PUBLICADO O

Un ano máis, este 28 de abril, Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo, convertiuse nunha data na que os sindicatos alzaron a súa voz en lembranza e recoñecemento público de todas as persoas traballadoras vítimas dun accidente laboral ou dunha enfermidade profesional.

Esta data tamén serve para denunciar e poñer en evidencia que os danos derivados do traballo son evitables e que tanto as empresas como as administracións teñen grandes
responsabilidades nesta materia.

Destacar o caso de Pontevedra, onde a suba da sinistralidade laboral foi dun 18,83% no 2017 respecto do 2016. Ademais, na provincia de Pontevedra tamén se rexistra unha
suba da sinistralidade de carácter mortal, ao pasar de 16 a 18 persoas falecidas, un
incremento dun 12,5%. Acompañado isto nesta mesma provincia dun aumento dos
accidentes leves, dun 19,6%, ao pasar de 8.007 no 2016 aos 9.576 no 2017.

Cabe destacar por outra parte o importante incremento da sinistralidade no sector da construcción ao pasar de 688 accidentes no 2016 aos 972 no 2017, e especialmente os
sinistros mortais que pasan de 1 a 5.

E, todo isto, sinalan dende os sindicatos, “a pesar da deficiencia e interesada catalogación dos accidentes: accidentes con graves consecuencias e longos períodos de recuperación notificados como leves e accidentes leves que non se rexistran. Figuras como o descanso preventivo ou os permisos retribuídos, que ocultan accidentes sen notificar, esténdense polas empresas deste país”.

“E o que é peor, cada vez máis traballadores renuncian ao seus dereitos para
recuperar a saúde por medo a perder o seu posto de traballo“, engaden dende UGT e CC.OO: “A sinistralidade laboral, xunto coa precariedade, segue a ser unha das grandes lacras do mercado de traballo deste país, ademais, nunha alta porcentaxe dos casos ambas van da man”.

Polo que respecta ás enfermidades profesionais, no 2017 reducíronse nun 2,54 respecto do 2016, ao pasar de 749 enfermidades rexistradas no 2016 ás 730 rexistradas no 2017. Cabe sinalar que pese a este descenso, aumentaron porcentualmente as enfermidades sen baixa nun 7,4% ao pasar de 324 no 2016 a 348 no 2017, mentres que as enfermidades con baixa minoraron nun 10,2 % ao pasar de 425 no 2016 a 382 no 2017.

Por xénero, dentro das enfermidades profesionais con baixa, destaca que se rexistra unha
declaración superior no caso das mulleres 194, fronte ás 188 dos homes. Isto, a pesar da
menor presenza das traballadoras no eido laboral.

Concretamente, tanto no caso dos homes como das mulleres as enfermidades do grupo II
nos sectores da industria e servizos son as máis declaradas, destacando no caso das
mulleres este último sector con 174 enfermidades rexistradas (99 con baixa), fronte ás 63
dos homes (24 con baixa).

O grupo II refírese ás causadas por axentes físicos. A gran maioría son orixinadas por trastornos músculo esqueléticos que, sobre todo, afectan ás costas, pescozo, ombreiros e extremidades superiores. Nos casos máis crónicos poden derivar en discapacidade ou imposibilidade para traballar.

UGT e CCOO consideran que urxe atoparlle unha solución ao problema que xeran os
trastornos músculo esqueléticos. Empezando por previr nas empresas a orixe do risco,
realizando avaliacións ergonómicas, implantando medidas preventivas e informando e
formando, tanto aos traballadores e traballadoras, como aos seus representantes.

CUSTE ASUMIDO POLO SISTEMA PÚBLICO DE SAÚDE E NON POLAS MUTUAS

Outra das pezas deste quebracabezas son as enfermidades profesionais que supoñen un
custe para o Sistema público de saúde e para os traballadores. UGT e CC.OO consideran
que aínda se produce unha infradeclaración das mesmas porque moitas enfermidades
que teñen orixe laboral non son consideradas como tal.

Así é o caso das enfermidades profesionais de orixe multicausal e non exclusivo do traballo, como é o caso dos cancros e as enfermidades cardiovasculares. Ademais, no cadro español de enfermidades profesionais non se inclúe ningunha relacionada coa organización e a carga de traballo.

Dende UGT e CCOO insístesen en que esta infradeclaración das enfermidades
profesionais provoca que o custe da súa xestión sexa asumido polo Sistema público de saúde, en lugar de polas mutuas colaboradoras coa Seguridade Social.

Ademais, segue a rexistrarse unha alta porcentaxe de enfermidades profesionais
declaradas sen baixa. UGT e CCOO consideran que isto pode deberse máis ao temor á
perda do emprego na situación actual que á aplicación de medidas preventivas no seno
das empresas e, por suposto, ao endurecemento das condicións para prescribir a baixa
que aplican as mutuas.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...