InicioEconomíaO 5º Programa de Empredo de Asime consegue a inserción do 50%...

O 5º Programa de Empredo de Asime consegue a inserción do 50% dos participantes

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (Asime) clausurou este martes o seu quinto Programa Integrado de Emprego, que conseguiu a inserción laboral de máis do 50% dos seus participantes.

Ao acto, levado a cabo en Vigo, acudiron, entre outros, o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, así como o secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, ademais de preto de 20 usuarios do programa, que compartiron as súas experiencias.

A iniciativa, subvencionada pola Xunta e o Ministerio de Traballo e Economía Social, pretende a inserción laboral no sector do metal a través de formación, orientación e intermediación personalizada, para fomentar profesionais con alta demanda na industria, como soldadura, loxística e administración. Nesta edición participaron 100 persoas, das cales máis dun 50% conseguiu un traballo.

“Son xa cinco edicións desta importante iniciativa, coa que, nos últimos anos, ofrecemos desde Asime unha completa formación e orientación laboral a máis de 550 persoas na zona de Pontevedra e da Coruña, sendo Vigo e Narón as cidades principais“, subliñou Mallón, segundo recolle Asime nun comunicado.

Para el, programas como este serven para “contribuír a solucionar a brecha existente entre demanda de perfís e cualificación dos traballadores, xerando emprego e potenciando o crecemento do sector industrial”.

“Actualmente, un de cada cinco contratos está a deixarse de asumir pola sobresaturación das nosas empresas, que teñen unha elevada carga de traballo, pero non conseguen atopar profesionais suficientes para asumir máis proxectos, moitas están practicamente ao 100% de capacidade produtiva”, engadiu o secretario xeral de Asime, insistindo en que hai unhas 5.000 vacantes no sector metal que urxe cubrir.

Na mesma liña falou o conselleiro de Emprego, quen destacou a inserción laboral do programa. Ademais, reivindicou a importancia de “ir da man” do tecido produtivo para proporcionarlle a formación que necesita de face a cubrir vacantes e potenciar a súa competitividade.

Nun comunicado, a Xunta explicou que, polo “convencemento da efectividade deste tipo de ferramentas”, incrementouse a dotación orzamentaria da convocatoria deste ano, ata os case 12 millóns de euros.

Así, ampliarase ata as 5.800 persoas o número de desempregados que poderán mellorar as súas oportunidades laborais no marco destes centros especiais de emprego. Precisamente Asime resultou beneficiaria unha vez máis nesta convocatoria de 2024.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...