InicioSociedadeBusiness Factory Auto apoia a 20 novas startups para impusar a innovación...

Business Factory Auto apoia a 20 novas startups para impusar a innovación en automoción

A oitava convocatoria do BFA destacou por atrair 130 candidaturas, das cales 20 proxectos seleccionados avanzarán co desenvolvemento de tecnoloxías avanzadas para o sector da mobilidade e automoción en Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité executivo da aceleradora Business Factory Auto & Mobility (BFA) seleccionou 20 novos proxectos empresariais para participar na oitava edición da iniciativa, que comezará a súa andaina en setembro co obxectivo de impulsar a innovación no sector da automoción e da mobilidade.

Tal como indicou BFA nun comunicado, esta nova convocatoria volveu a rexistrar unha “gran participación”, ao recibir unhas 130 candidaturas de diferentes países. Dos 20 seleccionados, oito son de fóra de Galicia: dous internacionais, de Holanda e Francia; e seis nacionais, de Santander, Barcelona, Madrid, Sevilla, Navarra e Lleida.

“O BFA é un referente na atracción de talento a Galicia e tamén se distingue por potenciar e canalizar o talento e a innovación galega. Unha das grandes fortalezas do sector é atraer empresas e startups a Galicia para completar a cadea de valor da industria de automoción e mobilidade”, reivindicou a organización.

En concreto, os 20 proxectos seleccionados responden os retos tecnolóxicos propostos polo sector da automoción e a mobilidade de Galicia, trasladados ao BFA por compañías como Akwel Vigo Spain, Denso Sistemas Térmicos España, Lear, Magna Seating Vigo, Maier Ferroplast, SMRC, Snop Estampación, Stellantis ou Plastic Omnium.

Así, entre eles inclúense iniciativas de motocicletas eléctricas de tres rodas para persoas con mobilidade reducida, o desenvolvemento de vehículos eléctricos modulares para a mobilidade urbana sustentable, robots para transportar e elevar cargas en almacéns ou ferramentas para a dixitalización de procesos, entre outros.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...