InicioEconomíaA CIG concéntrase en Vigo para denunciar a "precarización, explotación e deslocalización"...

A CIG concéntrase en Vigo para denunciar a “precarización, explotación e deslocalización” na automoción galega

Segundo advertiu a CIG, o novo director da planta viguesa anunciou unha profunda transformación "que pasa pola deslocalización" de produción a países como Marrocos, Portugal, Turquía, Alxeria ou Polonia, e por un "proceso de reconversión".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Representantes da CIG concentráronse este mércores fronte ao Concello de Vigo para denuncair a “precarización, explotación e deslocalización” da industria de automoción de Galicia, no marco dunha campaña desenvolvida polo sindicato “en defensa” deste sector. Na protesta deste mércores participaron delegados e traballadores de Stellantis e da industria auxiliar, tanto da comarca viguesa como das áreas de Pontevedra e Ourense, onde se concentran gran parte de firmas provedoras.

O secretario nacional de CIG-Industria, Xoán Xosé Bouzas, denunciou a crecente precariedade laboral no sector e lamentou que “o modelo que validan o Goberno central, a Xunta e o goberno local co seu apoio explícito aos plans de Stellantis supón sufragar con diñeiro público as paradas impostas pola empresa principal”. Así mesmo, denunciou que ese modelo tamén implica “ter empregos cada vez máis precarios para abaratar custos” ou “desregular xornadas e quendas”.

Por outra banda, segundo advertiu, o novo director da planta viguesa anunciou unha profunda transformación “que pasa pola deslocalización” de produción a países como Marrocos, Portugal, Turquía, Alxeria ou Polonia, e por un “proceso de reconversión”. Todo isto, criticou, nun contexto en que as empresas, especialmente Stellantis, reciben “inxentes subvencións públicas” e están pendentes doutras axudas, como as dos PERTE, sen que garantan o mantemento do emprego e das condicións laborais.

A CIG lembrou que a multinacional obtivo 18.600 millóns de euros de beneficios en 2023 e o seu CEO ten un soldo de 36 millóns. “O mesmo que insiste na necesidade de reducir custos de fabricación, o que se traducirá en máis recortes salariais para os cadros de persoal e para as empresas de compoñentes”, denunciou Bouzas.

O responsable de CIG-Industria tamén censurou a “complicidade” da Xunta e a “inacción” da Inspección de Traballo “ante as constantes denuncias por incumprimentos e abusos laborais”. “Non nos queda máis que continuar coas mobilizacións (…) porque nós si cremos na industria galega da automoción, pero non a calquera prezo”, resolveu.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...