InicioSociedadePeinador volverá ter voos directos con Tenerife este verán

Peinador volverá ter voos directos con Tenerife este verán

Na web de Iberia Express xa están á venda os billetes, cun prezo por traxecto que supera os 150 euros na maioría das datas ofertadas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Iberia Express volverá conectar Vigo con Tenerife este verán, con voos directos desde mediados deste mes de xuño ata principios de setembro, segundo informou a aerolínea ‘low cost‘ nun comunicado. En concreto, os luns e os venres programou un voo sen escalas desde a cidade olívica ao aeroporto dos Rodeos, en Tenerife Norte, con capacidade para 180 pasaxeiros, o que supón ao redor de 9.000 prazas dedicadas a esta ruta na tempada estival.

“Os nosos clientes valoran moito estes voos que operamos durante os meses de verán de maior demanda e, por iso, recuperámolos: para tentar ofrecerlles o mellor servizo e as conexións máis eficientes que lles permitan gozar ao máximo das súas vacacións”, destacou a directora comercial de Iberia Express, Isabel Rodríguez. Así, na web da compañía xa están á venda os billetes, cun prezo por traxecto que supera os 150 euros na maioría das datas ofertadas.

ÚLTIMAS

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...