InicioEconomíaStellantis Vigo asegura que a transformación "xa está aquí" e destaca a...

Stellantis Vigo asegura que a transformación “xa está aquí” e destaca a importancia da “innovación colaborativa”

En palabras do novo director da factoría viguesa, José Luís Alonso Mosquera

PUBLICADO O

- Advertisement -

O novo director da factoría viguesa do grupo automobilístico Stellantis, José Luís Alonso Mosquera, asegurou que a transformación do sector “xa está aquí”, destacando a importancia da “innovación colaborativa” para ser cada vez máis competitivos.

Así o sinalou na súa intervención no acto de presentación do proxecto Facendo Plus, que está liderado pola propia Stellantis e nel participan os centros tecnolóxicos CTAG, Aimen, EnergyLab e Gradiant; a Universidade de Vigo, e as pemes Unimate, SFC Solutions, Probotec e Merasys, contando co apoio da Xunta de Galicia.

No seu discurso, xa que non se permitiron preguntas por parte dos medios de comunicación, Alonso Mosquera apuntou ao “gran desafío” e ao “problema real” que sofre a industria do automóbil na actualidade, avogando por conseguir unha maior competitividade agora e no futuro.

El agradeceu o traballo de todos os socios de Facendo Plus, pola súa “sensibilización” con estes problemas, destacando a importancia de proxectos así para apostar por unha “innovación colaborativa”.

“O que facemos aquí en Galicia é moi importante. Sabémolo polos resultados que obtemos, pola rápida aplicación das nosas innovacións e pola proxección que teñen as nosas investigacións”, engadiu o directivo.

Así mesmo, puxo en valor a “estreita colaboración” da Xunta de Galicia, xa que grazas ao seu “respaldo” con axudas públicas, ése capaz de crear innovación aplicada ao terreo, á mellora de produtos e procesos, para ser máis eficientes e competitivos, segundo dixo.

“O modelo de innovación colaborativa funciona xa de forma moi fluída e entre todos, con visión, coñecemento, practicidad, eficacia e cun impulso decidido, materializamos avances moi destacables e observados desde o exterior“, sentenciou.

Tamén no acto, a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, apelou ao traballo conxunto para que o sector galego da automoción salga fortalecido fronte aos novos retos que afronta.

A automoción ten a día hoxe moitas dificultades desde o punto de vista regulatorio, da electrificación, da competencia con economías con custos laborais e ambientais máis baixos, e necesitamos, sen dúbida, facelo moi ben, primeiro de todo, os gobernos”, subliñou.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...