InicioEconomíaStellantis aumenta as vendas un 65 % en abril e consolídase en...

Stellantis aumenta as vendas un 65 % en abril e consolídase en vehículos comerciais

Stellantis Prol One alcanzou o 34,5% da cota de mercado español de vehículos comerciais ata chegar ás 18.668 matriculacións durante o primeiro cuadrimestre de 2024, segundo confirmou a empresa nun comunicado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Stellantis Prol One alcanzou o 34,5 % da cota de mercado español de vehículos comerciais ata chegar ás 18.668 matriculacións durante o primeiro cuadrimestre de 2024, segundo confirmou a empresa nun comunicado. Só no mes de abril, o grupo europeo viu crecer as súas vendas un 65 % respecto do mesmo mes de 2023 pechándoo con 5.121 matriculacións e unha cota do 32,2 %.

A compañía que engloba as marcas comerciais Citroën, Fiat, Opel e Peugeot mantivo a capacidade de penetración no segmento dos vehículos ao alcanzar a primeira posición no ranking e obter un 36,5 % de ciota de mercado no que leva de ano. Stellantis puxo en valor o seu modelo de produción de proximidade nas súas factorias en España. Modelos como a Citroën Berlingo, os Peugeot Partner e Rifter, o Opel Combo e o Fiat Doblò, coas súas correspondentes versións eléctricas, prodúcense no Centro de Vigo.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...