InicioEconomíaVigo acollerá en xuño o foro Galicia Biodays 2024 sobre industria biotecnolóxica...

Vigo acollerá en xuño o foro Galicia Biodays 2024 sobre industria biotecnolóxica e ciencias da vida

PUBLICADO O

- Advertisement -

Auditorio Mar de Vigo acollerá os días 12 e 13 de xuño o encontro internacional Galicia Biodays 2024, organizado polo Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga), un foro de referencia da industria biotecnológica no espazo atlántico europeo.

Para o presidente do Clúster, José Manuel López Vilariño, este foro será o “escenario perfecto” para que o sector biotecnolóxico estableza novos contactos e sinerxías, xere negocio, entre en contacto con investidores e clientes e desenvolva novos proxectos.

Na cita de xuño abordaranse cuestións como o desenvolvemento de novos medicamentos, a innovación en alimentación e cosmética, o emprendimento e o financiamento de proxectos ou a internacionalización. No foro participarán delegacións de países como Estados Unidos, Xapón, Reino Unido ou Bélxica, e entre os patrocinadores figuran compañías como Zendal, Inventium, Promega Biotech Ibérica, Servitalent, AMSlab, CaixaBank-DayOne, Paralab Bio e FI-Group.

López Vilariño explicou que a elección de Vigo non é casual, xa que a cidade ten “un marcado carácter emprendedor e industrial”, cunha área de influencia onde se asintan algunhas das empresas do sector con maior facturación e “onde a hibridación con outros sectores estratéxicos sucede de forma natural”.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...