InicioEconomíaFandicosta e sindicatos acordan que o ERTE da planta de Moaña durará...

Fandicosta e sindicatos acordan que o ERTE da planta de Moaña durará tres meses e afectará a 69 empregados

"Aínda que o tentamos, non puidemos conseguir melloras económicas, pero rebaixar o tempo de ERTE, os días de regulación e o número de persoas afectadas supón un avance importante e menos perda económica", reivindican os sindicatos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A pesqueira galega Fandicosta e os sindicatos Comisiones Obreras (CC.OO.), UGT e CIG chegaron a un preacordo sobre as condicións do expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) que a dirección da empresa pretende impulsar nas súas instalacións de Domaio, en Moaña.

Finalmente, o expediente estará vixente entre o 15 de xaneiro e o 19 de abril de 2023, tres meses e medio menos que o exposto pola compañía ao comezo das negociacións. Así, afectará un máximo de 89 días naturais por cada traballador e non superará os 69 empregados (42 menos que os 111 que pedía a compañía).

Entre outras condicións, crearase unha comisión de seguimento do ERTE composta por unha persoa de cada sindicato do comité que velará polo correcto funcionamento do mesmo. En cando ás paradas de cada persoa, realizarase unha reunión unha semana antes de que acabe o mes e preavisarase con 15 días de antelación. En xaneiro, a metade irá unha semana ao ERTE e a outra metade, a seguinte.

“No suposto de ser necesario traballar, o preaviso ordinario para volver será de 5 días. Este prazo pode ser de 48 horas, pero só en caso de urxencia e con información á comisión”, recollen os sindicatos nun comunicado. As tres organizacións sindicais valoraron positivamente este preacordo, que foi votado a favor en asemblea con todos os votos positivos e unha abstención.

“Aínda que o tentamos, non puidemos conseguir melloras económicas, pero rebaixar o tempo de ERTE, os días de regulación e o número de persoas afectadas supón un avance importante e menos perda económica”, reivindican. Fandicosta entrou en preconcurso de acredores o pasado mes de outubro. Na actualidade atópanse en pleno proceso de procura de posibles compradores da compañía. Segundo indicou a semana pasada a Xunta, que posúe máis do 12 % das accións, o obxectivo é seleccionar a oferta que teña en conta un plan de viabilidade industrial e maximice a preservación dos postos de traballo.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...