InicioEconomíaVitrasa volve denunciar outros dous ataques a buses, que circulaban sen pasaxeiros

Vitrasa volve denunciar outros dous ataques a buses, que circulaban sen pasaxeiros

PUBLICADO O

- Advertisement -

A empresa concesionaria do servizo de bus urbano de Vigo, Vitrasa, denunciou este mércores dous novos ataques a buses, sen que se rexistraron danos persoais, xa que os autocares circulaban a esa hora sen pasaxeiros. Segundo trasladou a empresa nun comunicado, a última hora deste martes, dous buses que finalizaran o servizo e estábanse retirando cara ás instalacións da compañía, foron atacados.

Sobre as 23.21 horas, un vehículo que circulaba preto das cocheiras da empresa na estrada de Camposancos foi alcanzado por unha bóla e, debido ao impacto, rompeu unha xanela lateral do bus. Así mesmo, Vitrasa informou de que, ás 23.32 horas, o bus que facía a liña 17 e que estaba xa de retirada pola zona de Pereiró, tamén sufriu o impacto dalgún obxecto, que provocou a rotura de dúas xanelas.

Estes dous incidentes súmanse aos ataques sufridos, tamén o martes, á primeira hora da mañá, e que afectaron a 8 autobuses e ao coche particular dun traballador, que estaba estacionado preto do seu domicilio. A empresa, que está en conflito laboral co seu persoal desde hai máis de dous anos (e cunha folga indefinida desde o pasado sábado), volveu a advertir de que este tipo de ataques pon en risco aos traballadores e aos usuarios do servizo.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...