InicioEconomíaA 'incubadora' High Tech Auto pon en marcha un laboratorio de prototipado...

A ‘incubadora’ High Tech Auto pon en marcha un laboratorio de prototipado pioneiro en España

PUBLICADO O

- Advertisement -

As instalacións do Consorcio de Zona Franca de Vigo en Bouzas acolleron este mércores a presentación de AutoLab, un laboratorio de prototipado pioneiro en España, vinculado á ‘incubadora’ de empresas High Tech Auto, e que se pon a disposición dos emprendedores e do tecido empresarial do sector da automoción e mobilidade.

Deste xeito, High Tech Auto amplía a súa carteira de servizos e recursos cun laboratorio deseñado para dar continuidade ao labor de fomento da creatividade, a innovación, a investigación e a aprendizaxe, a través da fabricación dixital e a participación colaborativa na creación de proxectos disruptivos para o sector.

Así, Zona Franca pon a disposición de startups e emprendedores un laboratorio para que fagan probas de concepto, MVP (minimun viable products) e prototipos, antes da súa saída ao mercado. AutoLab conta con seis áreas de traballo especializado: Prototipado rápido, Electrónica, 5G con Edge Computing, CNC, Robótica e Dixitalización con Hardware e Software.

O alcalde de Vigo e presidente do pleno de Zona de Franca, Abel Caballero, destacou no acto de inauguración do laboratorio que a cidade é “capaz de competir coas principais factorías do mundo” e facelo “con éxito”. “Estamos en primeira liña das novas dinámicas da automoción. Aquí faise futuro”, proclamou.

High Tech Auto é a primeira incubadora de Galicia especializada no sector da automoción e a mobilidade. Dirixida por Heiko Unzalu, é un proxecto cofinanciado nun 80 % por fondos europeos a través da Fundación Incyde, e impulsado por Zona Franca e a Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

PP e BNG emendan a ordenanza das Zonas de Baixas Emisións de Vigo: uns piden atrasar multas e outros devolver o texto

Os grupos municipais da oposición no Concello de Vigo presentaron as súas emendas ao...

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...

Profesorado do IES Castelao de Vigo denuncian “censura” da Xunta nunha exposición sobre Begoña Caamaño

Un grupo de profesores do IES Castelao de Vigo, que resultou gañador do Concurso-Exposición...