InicioEconomíaSuspenden a folga deste xoves en Nueva Pescanova ao expor a empresa...

Suspenden a folga deste xoves en Nueva Pescanova ao expor a empresa “algún avance”, pero mantense a do venres

A Xunta bota balóns fóra e asegura que carece de responsabilidades no que ocorra.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Xunta expresou a súa confianza en que traballadores e dirección de Nueva Pescanova “acheguen posturas” na negociación das condicións do expediente de regulación de emprego (ERE). En resposta a unha pregunta feita pola deputada socialista Carmen Rodríguez Dacosta no pleno do Parlamento celebrado este mércores, a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, sinalou que as partes non solicitaron a mediación do Consello Galego de Relacións Laborais.

Por tanto, incidiu en que a Xunta carece de responsabilidades no que ocorra co ERE exposto por Nueva Pescanova, que anunciou en setembro a súa intención de pór en marcha un ERE para despedir a 82 traballadores das áreas de soporte de Chapela e de Madrid. Así pois, manifestou que espera que as partes aproximen as súas posturas para “salvagardar os dereitos dos traballadores” no proceso.

SUSPENDIDA A FOLGA DO XOVES

Os sindicatos informaron da suspensión da xornada de paro prevista para este xoves en Pescanova, ao expor a empresa “algún avance” na mesa de negociación do ERE extintivo, aínda que “non suficiente” para pechar un acordo, polo que se mantén a xornada de paro prevista para o venres.

Precisamente, este xoves conclúe o prazo formal de negociación do expediente regulatorio. A deste mércores foi a sétima reunión da mesa negociadora do ERE, e ata agora non se alcanzou un acordo, ao considerar os sindicatos que as formulacións da empresa son “insuficientes”, polo que piden unhas condicións “á altura” dun persoal que “non é culpable” da situación da compañía.

Despois da concentración deste martes nas instalacións de Chapela, os traballadores manifestáronse este mércores, desde a sede central de Abanca (principal accionista do grupo) en Vigo ata a delegación territorial da Xunta.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...