InicioEconomíaComezan as obras do apartadoiro ferroviario da Plisan e a ampliación do...

Comezan as obras do apartadoiro ferroviario da Plisan e a ampliación do polígono aprobarase en novembro

Dotará á área de "capacidade multimodal" e poderá xestionar convoys de ata 650 metros de lonxitude.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este mércores no acto de inicio das obras do apartadero ferroviario da Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves (Plisan), no que confirmou que, no mes de novembro, aprobarase a ampliación nun millón de metros cadrados deste complexo loxístico e empresarial, impulsado pola administración autonómica, o Consorcio da Zona Franca e o Porto de Vigo.

Na súa intervención, o titular do Executivo galego sinalou que, coa próxima aprobación desta ampliación, culminarase un proceso “xa iniciado hai bastantes meses” para dar a cualificación de chan industrial a unha área dun millón de metros cadrados, que se incorporará á Plisan. Deste xeito, a Plataforma contará con máis de catro millóns de metros cadrados de chan dispoñible.

Alfonso Rueda tamén se referiu ao comezo das obras do apartadero ferroviario, que permitirá que a Plisan conte con esa conexión en 2025. “Isto era unha necesidade, o Porto de Vigo necesitaba crecer dunha maneira que resultase atractiva e convincente para todos os que necesitan expandirse, e por tanto necesitan este ‘porto seco'”, recalcou o presidente.

ÚLTIMAS

Abordado un buque a 600 millas de Canarias con 6.500 quilos de cocaína con destino a Vigo

Axentes do Grupo Especial de Operacións da Policía Nacional abordaron este outubro --a 600 millas das...

Novidades no Nadal de Vigo: 75 casetas e dúas pistas de xeo na praza de Vialia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello ampliará o espazo do Nadal...

Xuízo con tribunal popular para o crime de Coia: o acusado enfróntase a case 22 anos de cárcere por asasinato

O xuízo polo chamado crime de Coia de 2024, que se celebrará con tribunal...

Cardama, avisa: “se Uruguai rompe o contrato das patrulleiras será malo para todo o naval vigués”

O empresario vigués José García Costas, accionista do estaleiro Cardama, advertiu este venres de...