InicioEconomíaComuneiros de Salvaterra instan a empresarios a "negociar" as súas parcelas tras...

Comuneiros de Salvaterra instan a empresarios a “negociar” as súas parcelas tras unha sentenza que lles outorgou a titularidade

Os comuneiros móstranse "abertos a negociar" para facilitar actividades e investimentos, pero sinalan ao Concello como obxectivo de posibles reclamacións das compañías porque "lles vendeu o que non era seu".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Comunidade de Montes de Salvaterra remitiu a empresarios do polígono de Chan da Ponte unha carta para negociar con eles as súas parcelas, despois de que unha primeira sentenza xudicial outorgáselles a titularidade dun terreo municipal de 10.000 metros cadrados.

En concreto, polo menos dúas empresas recibiron estes avisos, nos que os comuneiros lembran que meses atrás interpuxeron demandas de conciliación en relación á ocupación de distintas parcelas e que a Comunidade xa conseguiu un pronunciamento xudicial favorable sobre unha área de 10.000 metros que figura a nome do Concello, institución que recorreu a sentenza.

Na carta, os comuneiros móstranse “abertos a negociar” para facilitar actividades e investimentos, pero sinalan ao Concello como obxectivo de posibles reclamacións das compañías porque “lles vendeu o que non era seu”.

“Os fundamentos desa resolución, aínda sendo de aplicación unicamente para a zona que foi reclamada, facilítannos a unha futura demanda do resto de parcelas de Chan da Ponte, por constituír toda unha extensión que se corresponde co histórico monte veciñal”, reclaman os comuneiros, segundo recolle a Plataforma Galega de Afectados polas Comunidades de Montes nun comunicado.

Esta asociación lamenta que a zona susceptible de estar afectada por este conflito supera as 48 hectáreas, incluíndo a máis dunha vintena de empresas cun milleiro de traballadores, así como un centenar de vivendas, entre outras instalacións. O polígono foi promovido polo Concello na década dos 80 do século pasado.

Por todo iso, os empresarios mantiveron a semana pasada un encontro coa presidenta da Plataforma, Beatriz Ucha, quen comparou esta problemática coa vivida noutras áreas, como en Mos.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...