InicioEconomíaO Concello acusa ao BNG de ter "unha cruzada contra o Nadal"...

O Concello acusa ao BNG de ter “unha cruzada contra o Nadal” e de facer un uso “malintencionado” dos datos

Con todo, non fixo mención a unha das maiores críticas do grupo nacionalista, que acusou directamente ao alcalde Abel Caballero de "inventarse" a cifra de mil millóns de euros de retorno económico, da que non se achegou nin informe técnico, nin ningún documento que a avale.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno municipal de Vigo saíu ao paso das críticas do BNG sobre o “falso retorno” económico de mil millóns de euros que, segundo o alcalde, reporta á cidade a campaña do Nadal, e acusou aos nacionalistas de ter “unha cruzada contra o Nadal”. Nunhas declaracións remitidas aos medios, o concelleiro Abel Losada sinalou que o BNG “continúa coa súa guerra contra o Nadal” e utiliza argumentos para cuestionar a “importancia económica e social do Nadal na vida da cidade” que son “absolutamente erróneos, mesmo falsos”.

Así, o BNG sinalou este mércores que, de ser certo ese retorno económico de mil millóns de euros, debería notarse na recadación do IVE polo incremento da actividade económica e na evolución do emprego no sector servizos. Respecto diso, o grupo nacionalista constatou que a recadación do IVE entre novembro de 2022 e xaneiro de 2023 baixou máis de 7 % con respecto ao ano anterior, mentres que o número de empregos creados no sector servizos foi de 192 en novembro e decembro, e xaneiro pechou con 195 empregos menos.

Losada matizou que a evolución da recadación do IVE “vén dada pola aprobación no Congreso do paquete social para axudar ás familias fronte á inflación e a guerra de Ucraína”, un paquete “que sorprendentemente o BNG non apoiou”. No caso do mercado laboral, o edil socialista ve “erros ou mala intención” do BNG, porque a taxa de desemprego non é “absolutamente representativa da potencia dun mercado laboral”, e deben terse en conta a afiliación á Seguridade Social ou a EPA.

Atendendo a eses indicadores, engadiu, o mercado laboral en Vigo e a súa área “mellorou entre finais de 2021 e finais de 2022”. Segundo a EPA, “o mellor indicador”, nese ano aumentaron en 2.000 os ocupados no concello de Vigo e a taxa de desemprego baixou 2,5 puntos, segundo explicou. “O BNG fai unha utilización absolutamente malintencionada dos datos nesta cruzada absolutamente incomprensible, fronte a unha política municipal que só significa éxito económico e social para a cidade, e un reforzo da marca Vigo no conxunto de España e do mundo”, proclamou.

Con todo, Losada non fixo mención a outra das críticas do grupo nacionalista, que acusou directamente ao alcalde de “inventarse” a cifra de mil millóns de euros de retorno económico, da que non se achegou nin informe técnico, nin ningún documento que a avale.

ÚLTIMAS

A paralímpica Susana Rodríguez: “Ter unha ‘Barbie’ serve para poder compartir a miña historia”

A triatleta española Susana Rodríguez recoñeceu que é "unha pasada" ter unha boneca 'Barbie'...

Empregados de Vitrasa volven manifestarse para pedir “un convenio digno” ante a “parálise” das negociacións

Empregados de Vitrasa, a concesionaria municipal do transporte público de Vigo, saíron de novo este...

O Círculo de Empresarios avirte que o atraso do AVE do Eixo-Atlántico pon en risco outros investimentos

O Círculo de Empresarios de Galicia trasladou este venres a importancia de acelerar as comunicacións...

Un vehículo choca con outro e resulta envorcado en Vigo

O barrio vigués de Teis rexistrou na mañá deste venres un accidente de tráfico,...